Xa están publicadas as estatísticas da semana na web da RFEVB. MVP da xornada, nesta ocasión Beatriz Vázquez do RGC Covadonga despois do brillante partido realizado contra o Leganés, ademais de encabezar as clasificacións de Máxima Anotadora e Mellor Atacante.
En canto ás xogadoras de FisiomásZalaeta, despois dunha dobre xornada, a actuación de Crisitina G. Bermejo vese referendada coa primeira posición (unha vez máis) como Mellor Bloqueadora, e terceira Mellor Sacadora, Rocío Durán. Mención especial merece a destacada actuación de Patricia Suarez nos partido ante o EMEVE e o CAEP, nos que sumou 45 puntos, 24 +21, o que a destaca como, simultáneamente, segunda e terceira Mellor Anotadora e segunda e terceira Mellor Atacante.

Un equipo en forma que o dá todo na cancha,… vese, séntese, ten repercusión.
Na próxima xornada, a polo Voley is Life!