/DOBRE XORNADA DE FIN DE SEMANA CON DERBY INCLUIDO

DOBRE XORNADA DE FIN DE SEMANA CON DERBY INCLUIDO

   Completa, a xornada do fin de
semana próximo é unha xornada completa, de enfrontamentos de rivalidade e
que nalgúns casos poden ser decisorios de cara ás diferentes
clasificacións dada a altura da tempada e dos rivais que nos visitan. O
que ten de bo é que se celebran todos os partidos na casa, sen
desprazamentos.
   O equipo de SF2 prepárase para un fin de semana intenso cun dobre partido, que enfrontará ao FisiomásZalaeta o sábado co EMEVE Élide de Lugo e o domingo co equipo da concentración permanente, o CAEP Soria.
 Un derby espera ás pupilas de Jorge Barrero o sábado na pista do Barrio, nada menos que contra o EMEVE que ocupa a segunda praza empatado a puntos co líder, o CV Torrelavega, e un serio candidato ao ascenso de categoría. O equipo de José Valle está a realizar unha boa campaña, o pasado día 12 de Xaneiro proclamouse vencedor da Copa Princesa en Miranda de Ebro, ao derrotar ao Torrelavega por 3-0, e conta no seu equipo con xogadoras como a oposta Sara Folgueira, ou a colocadora Carmen Morales, habituais das clasificacións das mellores e ambas as dúas MVP da xornada en diferentes ocasións. Sen que se nos esquecen a veterana xogadora galega Mª José Garrido cuxa achega comeza a ser importante unha vez integrada no conxunto lucense, e un equipo moi compensado e un gran nivel.
  Dous partidos perdeu o equipo lucense, ante o Torrelavega, ao que cedeu o liderado, e outro no Municipal de Lugo ante o FisiomásZalaeta
na primeira volta, polo que se espera un partido disputado aínda que de
resultado incerto debido á rivalidade e a tensión que se vivirá no
Barrio. As coruñesas sairán decididas a buscar unha vitoria que lles
permita continuar nos postos de cabeza e cobrar vantaxe cos inmediatos
seguidores. Para iso o adestrador Jorge Barrero ten á súa disposición o equipo ao completo, unhas xogadoras cuxo rendemento vai en aumento a medida que avanza a
tempada e que cada xornada son tidas en conta para a elaboración das
estatísticas. Poderemos ver en acción a unha recuperada Patricia Suarez e á central Lydia Alonso, cuxa achega ao equipo será importante.
  Este fin de semana desprázase a Galicia o CAEP Soria onde xogará dous partidos, ante o Xuvenil de Teis, e o domingo, na Coruña ante o FisiomásZalaeta. O CAEP
é o equipo da Concentración Permanente Xuvenil Feminina un equipo novo
para a categoría, pero de gran calidade, non en van se trata das
xogadoras da selección española que xogan a liga regular de SF2.
  O equipo de J. Miguel Serrato
é sempre un rival difícil de bater, e está a realizar unha tempada de
menos a máis, cunha melloría no seu xogo notable dende o comezo de ano,
por iso, a pesar de derrotarlle na súa visita a Soria, non hai que confiarse e hai que dalo todo na cancha para lograr unha vitoria.
…………………………
   Ao mesmo tempo, o equipo de 2ª División A, Autos Cancela Zalaeta, xogará o partido correspondente á xornada 16 contra o Caldaria Voley Ourense o sábado no Barrio. O Zalaeta ocupa unha cómoda cuarta posición, aínda que a xornada anterior perdeu o seu partido co Jealsa Boiro Voleibol,
soamente sumou un punto, enfróntase ao terceiro clasificado coa
decidida intención de acurtar distancia, o que nos fai adiantar que
veremos un partido interesante e disputado entre dous equipos da parte
alta da táboa. Unha vitoria local, á espera doutros resultados, pode
abrir un oco na clasificación.

 

 O equipo da cidade das Burgas despraza tamén o equipo xuvenil que se enfrontará ao FisiomásZalaeta
no Pavillón do Instituto Zalaeta o sábado ás 11:30 en partido correspondente a xornada nº 16. Será un partido interesante
entre dous equipos que loitan polos postos de cabeza, o VoleyOurense
ocupa a cuarta posición, cun partido menos, e o Zalaeta
está en segundo lugar e ambos os dous aspiran a todo no campionato
galego. A ter en conta que este encontro será un test importante para
estes conxuntos de cara á celebración da Superliga Júnior que se xogará
na Coruña a próxima semana, pois son dous equipos galegos que co EMEVE de Lugo participarán nesta competición de máximo nivel estatal da categoría.
 ……………………….
  Os equipos das categorías base
continúan as súas competicións. As crías xogará o venres a partir das
18:00 no Pavillón da Sagrada Familia a Liga do Concello da Coruña, na que pasarán unha tarde divertida xogando ao Voleibol.
   E o sábado, volverán a La Catedral, para xogar a competición de Deporte Galego,
en ao club compite con dous equipos crías e dous infantís. A partir das
10:00 da mañá do sábado daranse cita os diversos equipos no Polideportivo de Monte dás Moas.