Martes, día de estatísticas. A RFEVB
publica as estatísticas correspondentes á xornada 13 de SF2 que nesta
ocasión aparecen dominadas pola xogadora do Voley Playa Madrid (próximo
rival) Ruth Oliver, que ademais de MVP, se coloca como mellor sacadora e terceira mellor anotadora.
Despois do longo e complicado partido de Sant Boi, o xogo despregado polas xogadoras do Zalaeta
ten o seu reflexo nas estatísticas. Dúas xogadoras que por causa das
lesións teñen pouca participación na presente campaña, demostran que
cando teñen a súa oportunidade a aproveitan, e así a libre Noa Sánchez entra no sete ideal e como mellor libre da xornada e a central Lydia Alonso se mete tamén no sete ideal e como segunda mellor bloqueadora, mentres que Sheila Arias aparece como segunda mellor receptora.
Continuamos deste modo, e semana tras semana vendo referendada a actuación das xogadoras do FisiomásZalaeta como premio ao esforzo realizado polo equipo para estar na parte alta da clasificación.