/ESTATÍSTICAS DA XORNADA Nº 12

ESTATÍSTICAS DA XORNADA Nº 12

   Hoxe publica a RFEVB
o máis destacado do fin de semana, xa temos as estatísticas da xornada
12 de SF2, e nelas tamén son protagonistas as xogadoras do FisiomásZalaeta.
   As mellores da xornada aparece encabezada pola xogadora Beatriz Vázquez. A xogadora do Grupo é a MVP da semana, ademais de encabezar os apartados de Mellor atacante e Máxima anotadora, categorías nas que a xogadora do Zalaeta, Sara Díaz se coloca en segundo lugar, mentres que Cristina G. Bermejo encabeza a clasificación de Mellores bloqueadoras e Rocío Durán é a terceira mellor receptora. Sara e Cristina tamén forman parte de septeto ideal.
   Estes recoñecementos veñen a referendar o bo comezo da segunda volta  despois da vitoria sobre La Curtidora, e destaca o esforzo e o labor realizado polas xogadoras.
TAGS: