/FINALIZA O CAMPUS DE NADAL DE VOLEIBOL.

FINALIZA O CAMPUS DE NADAL DE VOLEIBOL.

   

    Onte sábado, no Pavillón do Instituto Zalaeta, deuse por concluído o Campus que se realizou en dúas fases, 26, 27 e 28 de Decembro e 2, 3 e 4 de Xaneiro.
  
Co número de prazas cubertas, condicionadas á capacidade das
instalacións, a convocatoria resultou un éxito, e todos os inscritos
puideron gozar duns días de actividade deportiva na que puideron
aprender ou mellorar o seu nivel de Voleibol á par que divertirse co
cadro técnico do club que tiñan á súa disposición.
   Tratábase de
aproveitar o parón do Nadal para precisamente non parar, continuar cos
adestramentos de xeito divertido e relaxada de modo que se puidesen
integrar aquelas que querían coñecer o Voleibol, como as que querían
mellorar, aprender cousas novas e non deixar de tocar balón nas
vacacións.
   Finalmente a experiencia resultou positiva, para a
organización, que obtivo unha boa resposta á súa convocatoria, e da que
se extraen conclusións para posteriores celebracións, como para os
participantes que viron cubertas as súas expectativas cunha actividade
vacacional como esta.
   O peche desta edición estivo animado, e
realizouse coa presenza de varias xogadoras de SF2 que non puido deixar
de pasar unha xornada coas mais pequenas para responder ás súas
curiosidades e realizar uns toques de balón con elas. As fotos e a firma
de autógrafos sucedéronse coas xogadoras Patricia Suarez, Lydia Alonso e Olaya G. Taibo que se integraron totalmente no ambiente, coas tamén xogadoras Patricia Santos e Andrea Rivas e con Susana Suarez, Raquel Rey, Nerea Tabeayo como adestradoras do Campus, e con Tania Cobos.
   E como non, todo iso baixo a atenta mirada de Pepe Díaz.
  
TAGS: