/CAMPUS DE NADAL

CAMPUS DE NADAL

 
   O xoves 26 daba comezo o Campus de Nadal, actividade orientada para xogadoras en idades infantil, alevín e benxamín, coa intención de non parar de tocar de balón, aprendendo e mellorando, divertíndose e coñecendo a rapazas doutros equipos da cidade, durante as vacacións. 

   O Campus estrúturase en dúas tandas, unha, do 26 ao 28 de Decembro, rematada hoxe, e outra os días 2, 3 e 4 de Xaneiro, en horario de 10h a 13h.

   As máis de trinta rapazas agrúpanse en tres grupos, cada un coas súas monitoras, Patri Santos, Andrea Rivas, Susana Suárez, Nerea Tabeayo e Raquel Rey, xogadoras do equipo xuvenil, baixo a dirección de Tania Cobos e a supervisión de Pepe.

   Finalizada a primeira semana con moi boas sensacións e algunha que outra maniota, temos uns días de descanso para coller a próxima xornada con forza e con máis ganas aínda!