/PARTIDOS DO FIN DE SEMANA.

PARTIDOS DO FIN DE SEMANA.

Zalaeta – EMEVE 12/10/2012

  
 O fin de semana comeza cun encontro de xuvenís ente o FisiomásZalaeta e o EMEVE de Lugo
no Pavillón do Instituto, hoxe venres 20 ás 19:30. Trátase do partido
aprazado correspondente á oitava xornada. Partido interesante entre dous
equipos que aspiran a todo na clasificación e que actualmente se
encontran empatados na cuarta posición con 17 puntos e os mesmos
resultados.

  Tamén en categoría xuvenil, pero o sábado 21 ás 11:30, xogarase o partido da xornada n.º 11 entre Calsancias Coruña e FisiomásZalaeta na cancha do Colexio Calasancias.
 
  O mesmo día, sábado 21 ás 18:00 e no Pavillón da Sagrada Familia, enfrontamento de 2ª Div.A entre o Calasancias Coruña e Autos Cancela Zalaeta. Bo partido o que presenciaremos na Sagrada entre o líder da categoría, que tratará de gañar este derby para finalizar como campión de inverno e un Zalaeta
que tratará de sumar para posicionarse de cara á segundo volta toda vez
que coa vitoria neste partido, outros resultados lles poidan beneficiar
para escalar postos.

  En SF2 estamos sen competición, en pleno parón do Nadal co equipo recuperando as xogadoras lesionadas e preparando xa o regreso na segunda volta o 18 de Xaneiro ante La Curtidora de Avilés.