/UNDÉCIMA XORNADA

UNDÉCIMA XORNADA

  O EMEVE de Lugo
proclámase Campión de Inverno de SF2 despois dunha gran primeira volta,
cun só encontro perdido, e un dominio absoluto das estatísticas das
últimas xornadas. 
  De novo é unha xogadora lucense a MVP da xornada, nesta ocasión é a colocadora Carmen Morales, que toma o relevo de Sara Folgueira,
xogadora esta que volve dominar nas categorías como máxima anotadora e
mellor atacante. Acompáñaos como mellor libre Fe Pena, e na categoría de
bloqueadoras, Laura Villasante ocupa a terceira posición nun triplo empate que encabeza a xogadora de Torrelavega, Ana González.

Lydia e Patricia, pretempada, Grupo – Zalaeta.

   O Vóley Is Life Grupo 2008 cumpre os prognósticos, vence o leganés.com e apea da Copa Princesa ao FisiomásZalaeta, que despois do resultado do pasado fin de semana ante o Torrelavega estaba á espera do resultado do conxunto almeriense para coñecer o seu posto na clasificación. Non puido ser, o equipo de Jorge Barrero
ocupa a quinta praza que non lle dá acceso a xogar a Copa Princesa e
encóntrase na zona tranquila da clasificación. 
  Pode saber a pouco esta
clasificación na primeira volta despois do bo comezo de liga, pero as
lesións e algunhas baixas puntuais lastraron o rendemento do equipo
nalgúns partidos que ao cabo resultaron transcendentais, como o xogado na
casa ante en Voleibol is Life, cuxas circunstancias e resultado marcaron o resto de encontros desta fase.
  Non obstante o parón ligueiro que agora comeza, trae boas noticias, á incorporación de Patricia Suarez ao equipo o sábado pasado ante o CV Torrelavega, únese agora o comezo dos adestramentos de Lydia Alonso, ambas as dúas preparan a súa posta a punto despois de recuperarse das súas respectivas lesións. E coa presenza de Olaya G. Taibo nos adestramentos, Jorge Barrero ten á súa disposición toda o equipo por primeira vez na tempada.
   Non obstante, a central Lydia,
perderase o prestixioso Torneo Internacional de Nadal que xoga a
Selección Española ante outros combinados europeos da categoría. A súa
recuperación e posta a punto levaralle un tempo e non estaría dispoñible para as
datas do Torneo. Polo tanto a representación de xogadoras galegas,
nesta ocasión, queda en mans da lucense Sara Folgueira.

TAGS: