/SUPERLIGA JUNIOR FEMENINA 2013-2014

SUPERLIGA JUNIOR FEMENINA 2013-2014

   A Coruña será sede da Superliga Júnior Feminina 2013-2014 que se celebrará os días 12 ao 16 do próximo mes de Febreiro.

Campeonato de España Juvenil 2013, FisiomásZalaeta – Feel Volley Alcobendas.

   A RFEVB adxudicou este torneo que organizará de CVI Zalaeta
e que reunirá a un máximo de 24 equipos que representarán ao mellor
voleibol nacional. O prazo de inscrición continúa aberto para todos os
clubs de SFV, SF2, 1ª Div
e clubs autonómicos de categoría xuvenil. Para establecer a orde de
participación a organización terá en conta os resultados obtidos,
primeiro na Superliga Júnior e a continuación na fase final do
Campionato de España Xuvenil do ano 2013.
  Na anterior edición celebrada en Guadalajara, o Feel Volley Alcobendas
se impuxo na final ao CV 7 Palmas Gran Canaria 2014 nun emocionante encontro no que ambos os dous equipos se empregaron a fondo exhibindo un
gran nivel de voleibol.
  Trátase dun torneo no que poderemos ver en
acción ás mellores xogadoras do momento na súa categoría, non só
promesas senón tamén xogadoras que xa achegan o seu xogo en equipos da
elite do Voleibol disputando a máxima competición, SFV, e nutrindo tamén a Selección Española Júnior.
TAGS: