Preséntase unha xornada completa de partidos, con desprazamento o sábado a Teis para xogar o encontro correspondente á 10º xornada de SF2.
Segundo derby da tempada que poñerá fronte a fronte ao Xuvenil de Teis e ao FisiomásZalaeta, equipos que están en distinta situación na táboa, pero que ambos os dous necesitan os puntos en xogo. As de Teis necesitan unha vitoria para deixar a parte baixa da clasificación despois de perder con La Curtidora a pasada semana, pero non esquezamos que no seu último partido na casa, que é onde obtén mellores resultados, derrotou o Torrelavega.
En fronte estará o Zalaeta, que non llo poñerá nada doado ás locais, o equipo de Jorge Barrero
loitará polos tres puntos para manter a súa posición na táboa, e con
ela, a opción de participar na Copa Princesa. No conxunto coruñés a
semana de adestramentos desenvolveuse con normalidade, coa nota
destacada da incorporación de Patricia Suarez, que coa alta médica, comeza a súa posta a punto. Tamén se espera que en breve comece os adestramentos a central Lydia Alonso practicamente reposta da súa lesión.
Polo tanto, o derby de mañá espérase que sexa disputado, como o son
este tipo de partidos nos que a rivalidade xoga un papel importante e
non hai un favorito a priori.

O partido, no Municipal de Teis a partir das 18:15.
O autobús de Autos Cancela, sairá para Teis, como é habitual, dende o Instituto Zalaeta, ás 15:00 do sábado.
O domingo, 8 de decembro, preséntase unha xornada completa para os nosos equipos de Liga Autonómica.
Ás 10.30, no Multiusos da Xunqueira, Pontevedra, celébrase a 9ª Xornada da 2ª División Autonómica Feminina, que enfronta aos equipos CV Pontevedra Comercial Durán e AutosCancela Zalaeta. As nosas viaxan a Pontevedra buscando unha nova vitoria coa que seguir escalando postos na táboa, logo de gañar a xornada pasada ao Emevé Elide.
A continuación xogarase o partido correspondente á 9ª Xornada de Liga Galega Xuvenil Feminina, entre o CV Pontevedra e o FisiomásZalaeta.
Para rematar, ás 17.15 terá lugar no Pavillón de Zalaeta o partido aplazado entre o AutosCancela Zalaeta e o Dompa Gestión.