/PARTIDOS DO FIN DE SEMANA, 23 E 24 DE NOVEMBRO

PARTIDOS DO FIN DE SEMANA, 23 E 24 DE NOVEMBRO

     Outra vez fora da casa, desprazamento a Leganés para xogar o partido da oitava xornada de SF2 ante o CV Leganés.
   Por terceira xornada consecutiva o FisiomásZalaeta
desprázase, nesta ocasión á comunidade de Madrid para enfrontarse a un
equipo que non está a realizar un bo comezo de tempada, cun partido
gañado e 5 puntos, o Leganés, ocupa un posto na parte baixa da táboa, e na anterior xornada perdeu ante La Curtidora en Aviles.
    O Zalaeta viaxa nun bo momento, sabendo que as rotacións no banco e o movemento de xogadoras está a dar bos resultados que minimizan as baixas por lesión ou outras causas, e despois do reencontro coa vitoria no partido ante o CAEP,
a intención é manterse en refacho e facerse cos puntos que lles
permitan continuar na cabeza da táboa sen perder o ronsel dos primeiros.
    O partido, o sábado ás 19:00 no Pavillón “Emilia Pardo Bazan” de Leganés.
  
O desprazamento realizarase en autobús, como é costume, de AUTOS
CANCELA
, que realizará a saída co equipo de SF2 o sábado pola mañá ás
09:00 dende o Instituto Zalaeta.

    BOA VIAXE E BOA SORTE!!
……………………………….

  Ao mesmo tempo xogarase en Cambados o partido correspondente á 7ª xornada de 2ª División A, que enfrontará no Pombal a partir das 20:00 horas ao equipo local, o XAV Cambados ao ao Autos Cancela Zalaeta.
   O XAV preséntase despois de gañalo ao TEIS na anterior xornada, na que o Zalaeta descansou por aprazamento do partido ante o Dompa Gestión,
e con tres vitorias ocupa a 5ª praza, mentres as coruñesas están en 7ª
lugar con dúas vitorias. As diferenzas poden ser enganosas, xa que Autos
Cancela ten un partido menos, polo que o encontro do sábado será
importante para ambos os dous equipos.
  O Zalaeta sairá decidido a buscar a vitoria e a non deixar pasar a oportunidade de puntuar ante o que nestes momentos é un rival directo.

…………………………………………….

  Tamén, ante o XAV Cambados, xogarase o partido de Liga Galega de Juveniles correspondente á 7ª xornada, nesta ocasión o domingo 24 ás 13:00 no Pombal.
  O FisiomásZalaeta encóntrase no grupo de cabeza, empatado a puntos con Teis e Ourense, e co EMEVE en primeiro lugar. O enfrontamento entre o equipo lucense e o Xuvenil de Teis, brindará ao Zalaeta a ocasión de recortar diferenzas, pero para iso deberá de impoñerse no Pombal ao equipo titular.
 
Non parece a priori un partido complicado para as coruñesas, con
cinco vitorias, enfrontarse ao último clasificado con 0 vitorias, que
sen lugar a dúbidas quererá comezase sumar nesta Liga xogando na casa.

  Os desprazamentos a Cambados realizaranse con AUTOBUSES CANCELA que efectuará a súa saída dende o seu lugar habitual, o Instituto Zalaeta, ás 17:15 do sábado 23 e ás 10:30 do domingo 24.
BOA VIAXE E BOA SORTE!!

TAGS: