/DESPRAZAMENTO A TENERIFE

DESPRAZAMENTO A TENERIFE

   Próximo desprazamento este fin
de semana a Tenerife, para xogar o partido correspondente á 6ª xornada
de SF2 ante o Tenerife Santa Cruz no Palacio de los Deportes da capital
tinerfeña ás 17:00 do sábado día 9.
   O equipo viaxará dende Alvedro con saída ás 07:00 con destino a Madrid e de alí a Tenerife.
   
O Tenerife Santa Cruz está realizando un frouxo comezo de tempada,
ocupa praza na parte baixa da táboa, e vén de perder o seu partido con La Curtidora, polo que tratará de sorprender e puntuar na súa cancha, onde nada será doado. Do seu equipo, podemos destacar a Melody Díaz, quizais a súa xogadora máis en forma presente entre as destacadas nas estatísticas da RFEVB.
   Pola súa banda, o FisiomásZalaeta viaxa coas coñecidas baixas de Lydia Alonso e Patri Suarez,
cuxa ausencia xa foi encaixada polo grupo; e recuperadas da derrota
sufrida o pasado sábado no Barrio teñen a intención de regresar cos
puntos a Galicia.
   Jorge Barrero
coméntanos que “asimilamos as baixas que temos, e a viaxe realízase
practicamente como xa estaba planificado, unicamente repetiremos os
cambios tácticos e o equipo que xogou o terceiro set ante o
Volei Is Life. Coa moral alta e sabendo estar concentradas dende o comezo do partido, pensamos regresar das Illas cunha vitoria. “
 
  Boa viaxe e sorte!!
TAGS: