/ESTATÍSTICAS DA 5ª XORNADA

ESTATÍSTICAS DA 5ª XORNADA

  Publica, como xa é habitual, a RFEVB
as estatísticas da xornada correspondente e que todos esperamos,
estamos pendentes de ver e coñecer aquelas xogadoras que traballando día
a día conseguen unha mención polo xogo despregado nos seus respectivos
partidos cos seus conxuntos e que non deixa de ser un feito meritorio
para elas individualmente como tamén para os seus equipos.
Nesta ocasión a elixida como MVP é quizais a xogadora máis en forma da competición neste momento, a colombiana Wanda Banguero, e unha das máximas anotadoras da Liga.
   Do FisiomásZalaeta, aparece por primeira vez e na categoría de mellores sacadoras, nun dobre empate coa xogadora do Tenerife Melody Díaz con catro ACES, a xogadora Rocío Durán.
Habitual no sete inicial, a súa achega non pasa desapercibida fundamentalmente pola súa regularidade, a segunda mellor sacadora do Zalaeta e a terceira anotadora.

    Queremos ter un recordo para Patri Suarez, lesionada no seu brazo esquerdo no partido co Voleibol Is Life
aínda que con menos gravidade da que parecía inicialmente, e á que lle
desexamos unha boa recuperación para poder continuar véndoa en acción na
pista. Así mesmo, verificamos a lenta pero segura recuperación da
central Lydia Alonso, á que vemos avanzar día a día e da que sabemos as ganas que ten de incorporarse ao grupo.

Ánimo ás dúas!!

laopinioncoruna.es    Patricia Suarez del Zalaeta, estará de baja cuatro semanas.

TAGS: