/XORNADA D0 1 DE NOVEMBRO

XORNADA D0 1 DE NOVEMBRO

   
   Este fin se semana será dobre para as categorías xuvenil e de 2ª División. O venres realizarase un desprazamento a Ourense para xogar unha xornada adiantada en ambas as dúas categorías, que enfrontarán aos equipos VoleyOurense e FisiomásZalaeta
na categoría de xuvenís, na que os dous conxuntos aspiran a estar no
máis alto da táboa na que agora ocupan a segunda e terceira posición
respectivamente, separados por un punto, que as pupilas de David Hermida esperan poder superar neste desprazamento.
   O partido comezará ás 11:00 no IES Ferro Couselo da capital das Burgas e a continuación xogarase o que enfronta aos equipos de 2ª A Caldaria VoleyOurense e Autos Cancela Zalaeta.
A coruñesas esperan referendar cun triunfo a mellora de xogo
manifestada no derbi da semana pasada para non deixar escapar os postos
de cabeza, ante un equipo que ocupa a 2ª posición empatado a puntos co EMEVE en primeiro lugar.
   Tania Cobos dinos, “Non será doado, pero a moral está alta, e o Ourense está a encaixar sets na casa, creo que teremos as nosas oportunidades se saímos convencidas e a gañar”.
   O autobús de AUTOS CANCELA que realizará o desprazamento, efectuará a súa saída dende o Instituto Zalaeta ás 07:45.

BOA VIAXE E BOA SORTE!!