Ás 19:00 do sábado día 2 de novembro recibimos ao conxunto almeriense Voleibol Is Life Grupo 2008 no Barrio das Flores para xogar o partido correspondente á 5º xornada de SF2.
O equipo de Almería viaxa a Coruña
con só un partido gañado e necesitado de puntos para non se distanciar
da cabeza da clasificación de forma prematura ao comezo de liga, o que o
converte nun rival perigoso, toda vez que nas súas filas milita a
xogadora internacional colombiana Wanda Banguero, que vén de realizar o premundial coa selección do seu país, e que ademais a pasada xornada, a pesar de perder no Tie break con La Curtidora despois dun intenso partido, esta xogadora, meteuse no “sete ideal” e aparece como máxima anotadora con nada menos que 37 puntos. Así mesmo a libero Mª José Sánchez colócase como mellor libre da xornada. É, polo tanto, un equipo a ter en conta, que non o vai a poñer nada doado, polo que o espectáculo estará servido.
En fronte estará o FisiomásZalaeta
que xogando na casa tratará de converter o Barrio nun fortín
inexpugnable para os seus adversarios, e defenderá, co seu público un
resultado que lle dea os puntos e lle permita seguir de preto ao gijonés Grupo Covadonga que xoga na nada doada cancha do Sant Boi.
O equipo do Instituto en liña ascendente dende o comezo de tempada
non se deixará bater doadamente e intentará seguir sumando xornadas
conservando a imbatibilidade.

Lembrade que celebramos o Samaín
e que engadiremos ao espectáculo do voleibol o dos disfraces, que
haberá regalos se vas disfrad@ e que sortearemos unha comida para dúas
persoas en La Rúa na 3ª planta do CC Espacio Coruña.
laopiniocoruna.es El Fisiomás Zalaeta defiende su condición de invicto.