/PATRICIA SUAREZ BRAVO, MVP

PATRICIA SUAREZ BRAVO, MVP

    
    FisiomásZalaeta
toma posicións, presenta as súas credenciais para o presente campionato
e realiza un comezo de liga entre os tres mellores equipos, imbatido.
   Cunha pretempada que parecía dubidosa, os seus técnicos, non nos esquezamos, Jorge Barrero e “Chisco” Sánchez,
programaron un inicio progresivo que está a dar os seus froitos, máis
físico que técnico para ir tomando contacto co balón e a pista pouco a
pouco, de verdade, na competición.
   Eles, os adestradores, formaron
un grupo humano no que confiaban, e lograron, primeiro, formar un
equipo, un grupo que se entende e se divirte xogando ao voleibol,
primeira fase para a obtención de resultados: primeiro xogamos e logo
gañamos. Isto é o fundamental, nótase en canto saltan á pista,
concentradas, convencidas das súas posibilidades e dano todo para
ofrecer un bo espectáculo.
   É así como a orixe no FisiomásZalaeta
é o conxunto de persoas que integran o equipo no que a continuación se
proxectan as individualidades, estas que despois saen destacadas nas estatísticas, nas que nos tres partidos iniciais xa apareceron, Sheila, Cristina e Patri Suarez como MVP na terceira xornada.
  
Felicitamos o equipo polos resultados conseguidos ata agora, e
animamos para continuar o esforzo nunha tempada longa, coñecedores da
dificultade que iso entraña. Así mesmo queremos ter un recordo para as
dúas xogadoras que de momento nos faltan, Olalla G. Taibo, por motivos laborais, e a xuvenil Lydia Alonso que se recupera da súa lesión de pretempada con calma e seguridade.

 

      RFEVB     ESTATÍSTICAS

TAGS: