/EQUIPO XUVENIL FEMININO

EQUIPO XUVENIL FEMININO

  
   Xa está a adestrar o equipo de xuvenís. Esta semana comezou a preparación da tempada 2013-2014 a cargo do adestrador David Hermida,
que se fará cargo do equipo en competición na Liga Galega Xuvenil Feminina.     Aínda non están todas as xogadoras a disposición do
adestrador, pero espérase que ao longo desta semana se vaian
incorporando as que faltan, para dar comezo o día 12 de Outubro nunha
liga de 12 equipos a dobre volta.
   Coa incorporación á categoría de
practicamente a totalidade do equipo de cadetes da tempada pasada, e
pesar da baixas habidas, David Hermida
dispoñerá dun equipo amplo para disputar unha liga que se espera sexa
igualada e que sexan varios os equipos que opten ao campionato. Co grupo
aínda sen definir, son baixa para a presente campaña, Antía Rguez e Marta Fraga, na liga universiataria de EEUU; Macarena Corbo, Paula Martinez, Sara Díaz e Sofía Fidalgo que pasan de categoría, e as aínda xuvenís, a colocadora Patricia Santos e as centrais Lydia Alonso e Andrea Rivas que estarán a disposición do equipo de SF2.
   
Continuarán os adestramentos cada vez con maior intensidade, para
lograr unha óptima posta a punto das xogadoras para comezar unha liga na
que a vista está posta na cabeza da táboa. Os horarios de adestramentos
serán no Polideportivo da Sagrada, os luns de 18:30 a 20:30, e os mércores e venres, de 19:00 21:00.

  Mencionar que a categorías dos pequenos, que teñen os seus adestramentos no Pavillón do Instituto Zalaeta,
esta semana pasada se viron interrompidos por un asunto de obras de
infraestrutura, e que se espera póidanse continuar o próximo mércores.
   Recordarvos a todos que a vosa axuda é importante e que podedes
facervos socios colaboradores do club para que cun pequeno empuxón de
cada un logremos un club grande. Entre todos podemos.
 Faite socio!