/COMENZAN OS PARTIDOS DE PRETEMPADA

COMENZAN OS PARTIDOS DE PRETEMPADA

   
  Continúa a pretempada do
equipo de SF2, o primeiro do club en comezar, co obxectivo de lograr
unha excelente posta a punto do conxunto para o comezo da Liga o próximo
día 5 de Outubro. Nunha primeira parte na que o aspecto físico prima
sobre o demais, a toma de contacto das xogadoras coas súas compañeiras e
coa pista vaise desenvolvendo baixo as indicacións do técnico Jorge Barrero, un ano máis ao cargo da disciplina técnica do club.
   
  Os adestramentos van cobrando intensidade a medida que se van
incorporando as xogadoras,  que nesta semana xa están case na súa
totalidade á disposición do adestrador.
Mencionar a ausencia de Sofía Hidalgo que se encontra coa selección galega de Volei Praia disputando o Campionato de España de Seleccións Autonómicas en Alicante, formando equipo sub-21 con Mary Álvarez, e coas irmás Blanca e Claudia Rozas en categoría sub-19. Tamén representarán a Galicia en categoría masculina os xogadores Pablo Penedo e Óscar Sánchez; e Carlos López e Victor Conde en sub-19; en sub-21, estarán, Gabriel del Carmen e Alexandre Prada.

   Forma parte da pretempada a Copa Galicia, a punto de comezar a segunda fase na que se encadra o Zalaeta, e na que terá opción de medirse con outros equiposde SF2 como son o Xuvenil de Teis ou o EMEVE de Lugo.
   Pero para comezar, o próximo sábado, e con motivo do 75 Aniversario de Real Grupo Cultural Covadonga, o CV Zalaeta desprazarase a Xixón
para xogar un amigable ante o Grupo, equipo da categoría, que a pasada
tempada realizou un bo campionato quedando un posto por enriba das
coruñesas, pero ao que se lle gañaron os dous encontros xogados por
idéntico resultado, 3-2. Será un partido entre dous equipos que se
coñecen e dun nivel parecido, ambos os dous con poucas variacións
respecto á campaña anterior e que comezan a súa rodaxe de cara á próxima
tempada.
   As xogadoras convocadas para o desprazamento son: Patricia Suarez, Rocío Durán, Sheyla Arias, Sara Díaz, Cristina García, Irene Vázquez, María Krasa e as xuvenís, Paula Lema, Lydia Alonso e Andrea Rivas.
   O partido, o sábado, ás 17:00 no Pavillón Polideportivo Braulio García de Xixón.
  

 

  O autobús de AUTOS CANCELA que realizará o desprazamento, sairá o sábado, ás 10:15 dende o Instituto Zalaeta.
TAGS: