LYDIA ALONSO, CONVOCADA COA SELECCIÓN XUVENIL ESPAÑOLA PARA DISPUTAR O
TORNEO INTERNACIONAL 8 NACIÓNS.
equipo nacional que representou a España no tradicional torneo 8 Nacións, que
este ano tivo lugar na localidade belga de Herentals. O torneo deu comezo o 23
de xulio, e rematou para as nosas nacionais cunha meritoria sexta praza,
mellorando o resultado acadado o ano pasado.
Acompañando ao adestrador nacional,
José Miguel Serrato, viaxaba a Bélxica o noso adestrador Jorge Barrero, e a
representación galega na expedición nacional completábaa a lucense Sara
Folgueira.
___________________________________________________________________________________
CONTINÚAN AS PROBAS DO CIRCUÍTO GALEGO DE VOLEI PRAIA.
Esta fin de semana pasada
celebrábase na praia fluvial de Goián (concello de Tomiño, Pontevedra) a a 5ª
proba do CGVP senior e a 3ª proba do CGVP de categorías inferiores sub19 e
sub21, na que o Zalaeta estaba representado en todas as categorías femininas:
+FOTOS |
Patri e Alba foron subcampionas, caendo tan só na final ante as fortes da
competición, as irmás lucenses Claudia e Blanca Rozas. Sara e a súa parella do
VPV, Elena, lograron a cuarta posición, e Andrea e Inés foron eliminadas en cuartos de
final, polo que quedaron quintas.
Na competición senior, que tamén daba
comezo o sábado, representaban ao noso clube as xogadores sub19 Sara e Andrea, que
ambas, coas súas parellas (Elena do VPV e Ana do Barraña Volei Praia,
respectivamente) quedaron novenas ao ser eliminadas en primeira rolda.
O domingo celebrouse a proba sub21,
na que Sofía repetiu o título acadado a anterior xornada en Vigo, e foi
campiona coa súa parella viguesa, Mary Álvarez. Sara e Elena volvían a ser
cuartas; Patri e Alba, quintas, e Andrea e Ana (do Barraña), séptimas.
A próxima proba do CGVP senior terá
lugar na Praia de Ézaro, o fin de semana do 3-4 de Agosto, e seguidamente, o
fin de semana do 10-11, a derradeira proba de categorías inferiores, tanto
sub19 e sub21, coma sub15 e sub17.
__________________________________________________________________________________
MÁIS VOLEIPRAIA: CONVOCATORIA PARA A CONCENTRACIÓN DA SELECCIÓN GALEGA.
Para a xornada de tecnificación que deu comezo este luns na praia de Ézaro
(Dumbría) e que durará toda esta semana, o seleccionador galego, Eloy Mahía, chamou as
xogadoras do noso clube Sofía Hidalgo e Sara Rivera. Xunto a elas, completan a convocatoria
feminina: Elena Sardiña do VPV, e Blanca e Claudia Rozas e Mary Álvarez, do
EMEVÉ.
Esta e dúas concentracións máis permitirán ao adestrador perfilar as
parellas que levará ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Volei
Praia sub19 e sub21, que se celebrará entre os días 5-8 de setembro na localidade alicantina de Orihuela, coa intención de mellorar a clasificación acadada o ano
pasado.