/FINALIZA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓN AUTONÓMICAS.

FINALIZA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓN AUTONÓMICAS.

   Finalizaron onte sábado os Campionatos de España de Seleccións Autonómicas celebrados en Valladolid,
con éxito de organización, nunha última xornada na que se celebraron as
finais e unha emotiva entrega de trofeos, na que Galicia estivo
representada pola Selección Cadete Feminina que se alzou co
subcampionato
da súa categoría cunha brillante traxectoria na
competición.

Fernando Cueto, Noemí
Araujo, Paula Castro, Patricia González, Inés Rivas, Lydia Alonso, Ana Bugallo,
Helia González, Rodolfo Lago, Paula Lema, Gladys Giraldez, Cármen  Rodriguez, Carla Rodriguez, Xulia Larrán e
Mirella Fuentes.

                  

      O equipo galego comezou
decidido a todo, encadrado no Grupo Especial 2, desfíxose de Asturias no
seu primeiro partido por 3-1, da Comunidade Valenciana no seguinte por
3-0, para a continuación relaxarse e deixarse dominar por Madrid no
último encontro desta fase, ao que gañan o primeiro set, pero perden por
1-3. A pesar diso, clasifícanse primeiras de grupo, e o pase a
semifinais, depáralles un enfrontamento con Cantabria á que derrotan cun
3-2, partido que resolven a galegas con decisión no Tie Break.
Nestes momentos, Galicia perfílase como un equipo con posibilidades,
toda vez que a Comunidade Valenciana, vencedora en cuartos de Asturias,
se cruza novamente coas galegas. Ao mesmo tempo, Cataluña, imbatida e
con cero sets encaixados, enfróntase a Murcia en semifinais, e vénceo
marcando o tempo do partido e preparándose para entrar na final. O
venres pola tarde, unha vez máis no campionato, Galicia tomba por 3-1 a
Valencia e prepara o enfrontamento na final co conxunto máis completo do
campionato, Cataluña, e ao cabo o campión.

   O sábado o potente equipo
catalán, parece que mostra os nervios propios dunha final e déixase
dominar por Galicia no primeiro set que de momento xa lle fixera máis
puntos que ningún equipo estes días nun set, pero un parcial de 7-0 na
parte final, outorga esta manga ás catalás. Afrouxan as galegas no
segundo set, non son as mesmas, con numerosos erros propios caen coa
maior diferenza do partido, pero todo cambia no terceiro, Galicia
recupérase e sen erros e con bo xogo en todas as súas facetas, atúa a
Cataluña e imponse facéndoo encaixar o primeiro e único set no
campionato. A reacción do equipo catalán non se fai esperar, un equipo
moi conxuntado e de gran calidade en todos os postos, sae decidido a
gañar o torneo e non dá opción ao rival ao que vence claramente.
    Gaña o campionato o equipo co
mellor rendemento na cancha, un bloque moi compacto con todos os postos
moi ben cubertos, entre os que sobresaen a súa colocadora, a xogadora
n.º 1 Anna Newsome e a n.º 11 Sara Esteban. O terceiro posto é para a Comunidade Valenciana

    Ao mesmo tempo, o equipo Cadete masculino, encadrado no Grupo Especial 1, caía ante Madrid e Cataluña, pero unha vitoria ante Extremadura
metía os galegos en cuartos de final, o que os facía entrar no grupo
dos oito mellores. Nos cuartos caen sen apelación ante Canarias,
inténtano pero van de máis a menos e non logran superar os rivais que se
impoñen por 3-0. O seguinte enfrontamento será ante Melilla equipo ao
que gañan por 3-0 nun partido que dominaron de principio a fin tratando
de defender a posición da pasada edición na seguinte rolda ante o equipo
anfitrión, Castela León, ao que superan, 3-1, nun bo partido que hai
lles unha vez máis acredores dunha posición entre os mellores.

   
    Demostrando un gran nivel,
Cataluña tamén se impón en cadete masculino, categoría na que Madrid é
segundo seguido en terceira posición da Comunidad Valenciana.

   Na
categoría Infantil, ambos os dous equipos alcanzaron unha meritoria
oitava praza. 

   No caso das rapazas, realizaron unha primeira fase na que
obtiveron o pase aos cuartos de final cunha derrota, ante Canarias, dúas
vitorias, ante Extremadura e Asturias.
Nos cuartos de final mediríanse á Comunidade de Madrid, nun intenso
partido, no que as galegas conseguiron remontar nun gran terceiro set,
24-26, e lle fixeron dubidar ás madrileñas levándose o cuarto e forzando
o Tie-Break que tivo dúas partes, a
primeira para Galicia, e unha segunda no que as madrileñas superaron as
rivais e se levaron o triunfo e con iso o pase a semifinais. As galegas
mediríanse a Cantabria na seguinte rolda sen poder reeditar o xogo do
día anterior, ante unhas cántabras levadas polo seu público. Finalmente
enfrontábanse a Canarias para conseguir o 8º posto.
   
   Unha vez máis Cataluña móstrase dominadora tamén desta categoría seguida de Asturias e Madrid.

   O equipo masculino, na categoría con menor participación, caía ante
Madrid, Cataluña e Murcia e obtiña unha vitoria ante Castela León por
3-0, o que lle daba o pase para xogar polo 7º e 8º posto ante Extremadura.
Este partido pechaba a participación do equipo galego no presente
campionato, no que a vitoria dos estremeños os deixaba na oitava praza.

  Proclámanse vencedores, a Comunidade Valenciana, Illas Baleares e Región Murciana.
   
Parabéns a todos os participantes por formar parte deste importante
evento deportivo no que se dan cita unha gran representación de mozos
deportistas en idade escolar de toda España neste Campionato convocado polo CSD.

INFORMACIÓN DO CAMPIONATO:   RFEVB

TAGS: