Hoxe martes, presentouse no Polideportivo del Pisuerga de Valladolid, o Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se celebrará ao longo de toda esta semana na capital de Castilla-León, e na que mozos deportistas de toda España serán os protagonistas.
Na competición daranse cita os equipos Infantís e Cadetes das diferentes comunidades en categoría masculina e feminina.
Galicia despraza a esta competición a catro equipos, que hoxe viaxaron en dúas expedicións á cidade castelá onde se aloxarán no Hotel La Vega, Arroyo de Encomienda, e que sairán a defender os bos resultados obtidos no Campionato anterior no que os mozos foron 4º en infantís e 5º en cadetes, e as mozas, 2ª en infantís e 4º en cadetes.
Logo da última concentración das seleccións galegas, o pasado fin de semana, o CV Zalaeta estará representado no equipo cadete feminino, que finalmente quedou formado polas seguintes xogadoras:
Ana Bugallo, do Boiro Voleibol; Patricia González, Gladys Giraldez, do CV Ourense; Noemí Araujo, Xulia Larrán, Carmen Rodriguez, Mirella Fuentes, do Xuvenil Teis; Paula Castro, do Calasancias Coruña; Paula Lema, Inés Rivas, Carla Rodríguez e Lydia Alonso, do CV Zalaeta.
A competición comeza mañá día 3 para todos os equipos, e na páxina web oficial da RFEVB poderase realizar un seguimiento da competición: