Rodolfo Lago e Helia González |
Do 2 ao 6 de Xullo celebraranse en Valladolid os Campionatos de España de Voleibol de Seleccións Autonómicas.
A cidade castelán leonesa acolle os CESA2013 en categorías infantil e
cadete, masculinos e femininos, onde convivirán e competirán durante a
primeira semana do mes de Xullo máis de 1.000 deportistas no que é o
maior evento deportivo do voleibol en idade escolar convocado polo CSD.
Para tal efecto a FGVB
convoca unhas xornadas de adestramento dos diferentes grupos de
xogadores nunha concentración previa aos campionatos da que sairán os
compoñentes das diferentes Seleccións.
No Pavillón Alonso Rodriguez de Noia,
a partir das 18:30 de hoxe venres, están convocadas a xogadoras
cadetes, e ata o sábado pola tarde estarán a disposición do
seleccionador Rodolfo Lago, que nesta ocasión contará coa inestimable colaboración como segunda adestradora da coruñesa Helia González, campioa e MVP esta tempada da Liga, Copa e Supercopa.
A lista de convocadas da que sairá o equipo definitivo, é a seguinte:
Ana Bugallo, Boiro Voleibol; Patricia González e Gladys Giraldez, CV Ourense; Noemi Araujo, Xulia Larrán, Carmen Rodriguez e Mirella Fuentes, Xuvenil Teis; Paula Castro, Calasancias Coruña; Paula Lema, Inés Rivas, Carla Rodriguez e Lydia Alonso, CV Zalaeta; Clara Arias e Alba Uriz, EMEVE.