/TROFEO LICEO LA PAZ DE VOLEIBOL

TROFEO LICEO LA PAZ DE VOLEIBOL

+ FOTOS
   Celebrouse, onte sábado, o
XXXIII Trofeo Liceo La Paz de Voleibol, que congregou nas instalacións
do colexio a numerosos equipos participantes e afeccionados nunha
xornada festiva e de grande ambiente deportivo. Este prestixioso torneo
dedicado ás categorías de base do voleibol, que ano tras ano organiza o
Liceo, contou nesta ocasión coa participación dos Clubs Narón Volea, Franciscanos, Calasancias, Zalaeta e como, non as diversas seccións do anfitrión, Liceo La Paz, nas categorías de Benjamín, Alevín e Infantil.
   
Viviuse un estupenda xornada lúdico-deportiva ao longo de todo o día,
na que se foron xogando partidos eliminatorios pola mañá, para xogar as
finais pola tarde, na que se realizou a clausura coa entrega de trofeos
aos participantes e cunha actuación previa do Grupo Show de
Patinaxe Artística do Liceo La Paz.
TAGS: