XXXVI CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL FEMININO 2013

 


   Esta semana comeza o Campionato de España Xuvenil Feminino de Clubs que se celebrará en Murcia do 24 ao 28 de Abril no que participarán os equipos galegos EMEVE de Lugo e o CVI Zalaeta da Coruña logo de lograr a súa clasificación para esta fase final. En total competirán 24 equipos repartidos en seis grupos, da Á a F, quedando o FisiomásZalaeta encadrado no grupo C no que competirán con CC 7 Palmas GC 2014, Benejuzar VB Club e SCD Ribadesella.
   A competición comezará o mércores 24 e o CVI Zalaeta xogará os seus partidos desta primeira eliminatoria no Pabellón de Espinardo, Espinardo, Murcia. Os dous primeiros clasificados de cada grupo, pasarán á seguinte eliminatoria na que se xogarán os postos do 1º ao 12º, e os clasificados 3º e 4º de grupo, pasaran a loitar polos postos do 13º ao 24º. 
  A expedición coruñesa partirá o martes para Murcia, e tratará de superar o 9º posto , a súa mellor posición das últimas participacións. Para iso, o equipo dirixido por Jorge Barrero, moi centrado neste final de tempada en lograr o seu mellor momento de forma e sen ningunha baixa, parte coa intención de realizar un bo campionato no que non descarta nada, e cuxo primeiro obxectivo pasa por clasificarse primeiro ou segundo do grupo C, no que se enfrontarán no primeiro encontro ás canarias que inicialmente entran no grupo de favoritas.
   Destacar que para esta ocasión, o equipo contará coa incorporación da xogadora coruñesa Antía Rodriguez, que xa participou no Campionato Galego, e do recente fichaje do Zalaeta, Amelia Portero, ambas xogadoras na concentración permanente da Selección Española en Soria, e competindo a presente tempada no CAEP Soria de SF2.
 
TAGS: