/RESULTADOS DA XORNADA 23 DDE MARZO.

RESULTADOS DA XORNADA 23 DDE MARZO.

 
   CV VALL D´HEBRÓN  3 FISIOMÁSZALAETA  0 
    Clara vitoria do equipo local que non se deixou inquietar polas coruñesas en ningún momento, e que desde o comezo tiña moi claro que quería os tres puntos para, ante o seu público, referendar unha excelente tempada que lles leva directamente á categoría de ouro do voleibol feminino.
+ FOTOS

   Partido dirixido polos colegiados Nieves Mª e Calderé N. que tivo unha duración de 01h 11m e finalizou cun resultado de 3-0 con parciais 25-11; 25-17 e 25-20. Adestradores, local, Mariano Singer e Nuria Díaz, e visitantes, Jorge Barrero e Jose M. Sánchez.

   CV Vall D´Hebrón: 1 Laura Montero, 2 Anna Albesa, 3 Lucía Bregar, 4 Sonia Fandos (L), 5 Laura Aldea, 7 Mar Pérez-Portabella, 8 Elena Arán, 9 Laia García, 10 Mar Arranz, 11 Mabel Caro, 15 Anna Martínez (L), e 18 Alba Castejón.

   FisiomásZalaeta: 1 Marta Fraga, 2 Cristina G. Bermejo, 3 Sofía Hidalgo (L), 9 Olalla García, 10 Sheila Arias, 11 Patricia Suarez, 13 Lydia Alonso e 15 Rocío Durán.

   As catalás saíron á pista tendo moi claro que ían a por a vitoria, e cun comezo irresistible, fixéronse co primeiro set con ampla diferenza ante un conxunto galego frío, que tardou en entrar no partido. No segundo set as diferenzas foron menores, o FisiomásZalaeta corrixe erros de recepción e logra xogar ben aínda que con fallos en ataque, comete menos erros e logra máis puntos pero tamén cede o set. A terceira e última manga é similar á anterior, as locais sempre por diante no marcador ante un cadro herculino máis entonado pero ao que non lle queda márgen para darlle a volta ao encontro, conseguen o mellor resultado 25-20 e o CV Vall D´Hebrón lévase o partido cumprindo o pronóstico.
   O partido foi do CV Vall D´Hebrón, que exerceu o control do encontro, ante a posibilidade de lograr o ansiado ascenso de categoría xogando en casa. Moi ben no saque, cun ataque eficaz e moi poucos erros, impuxéronse ao FisiomásZalaeta ao que de novo, volveu fallarlle o ataque.
   Para Jorge Barrero, “no primeiro set, uns fallos en recepción e en ataque, fixéronnos perder a concentración e cedemos cunha gran diferenza. Fomos de menos a máis,  corriximos erros, pero non fomos capaces de remontar ante un equipo que fixo un gran partido. Estivemos ben ao saque, pero fallamos máis da conta en ataque, e só quédanos felicitar ao rival por lograr o ascenso de categoría”.
   O próximo partido, no Barrio das Flores, ante o Feel Voley Alcobendas, que leva dúas vitorias seguidas, pero ao que xa derrotamos no Luís Buñuel.