/ESTATÍSTICAS DA XORNADA DE SF2

ESTATÍSTICAS DA XORNADA DE SF2

13 Lydia 1 Marta

    Unha vez máis as xogadoras do FisiomásZalaeta continúan sobresaíndo e despois do excelente partido na penúltima xornada volven destacar nas estatísticas de RFEVB.
   Unhas estatísticas que nesta ocasión teñen un marcado acento galego e que por primeira vez inclúe xogadoras dos tres equipos da comunidade.
   No encontro xogado  o sábado no Barrio das Flores o equipo local demostrou ter un gran bloque, no que sobresaen por méritos propios, nesta ocasión, a xogadora cadete Lydia Alonso como Mellor Bloqueadora con oito bloqueos e a xuvenil Marta Fraga como segunda Mellor Anotadora con 24 puntos e como terceira Atacante, e ademais ambas incluídas no “Septeto da Xornada”, que nesta ocasión chama a atención pola mocidade das suas integrantes.

AS MELLORES DA XORNADA E O SEPTETO IDEAL

TAGS: