/SUPERLIGA FEMININA 2

SUPERLIGA FEMININA 2

      SF2

    Finaliza a primeira volta da Liga Regular cun resultado sorprendente en Grupo A, no que o Cantabria Deporte consegue impoñerse ao líder, Extremadura Arroyo, por 3-1 logo de xogar un gran encontro.
   Este resultado non modifica a situación do CV Arroyo de la Luz que continúa de líder, pero permite ás cántabras superar ao FisiomásZalaeta, aínda que empatadas a puntos, coa vantaxe de soamente un set de diferenza. A clasificación nesta primeira volta queda un pouco apertada nos primeiros postos nos que tres equipos entran no posicións de Play off con tan só un punto de diferenza entre eles. Esta situación, pode beneficiar ao equipo herculino xa que na seguinte xornada enfróntase ao colista, Xuvenil Teis, mentres o Cantabria Deporte enfróntase ao RGC Covadonga, 3º e 2º clasificado respectivamente.
   Para o FisiomásZalaeta, os obxectivos vanse cumprindo, pois agora mesmo está en posto de play off polo ascenso logo de realizar un bo comezo de tempada, gañando a Copa Galicia e xogando un bo voleibol. Parece comezar moi forte, pero para o seu adestrador, Jorge Barrero, 

   “Efectivamente, comezamos moi ben a tempada, e imos logrando os nosos obxectivos, estamos en cuarta posición, logo da sorpresa da xornada, cando estabamos en terceiro lugar. Comezamos a bo ritmo, pero estou convencido de que este equipo pode aínda xogar mellor, aínda lle queda percorrido para mellorar. Pode ser que ao comezo da segunda volta o calendario benefícienos, enfrontámosnos ao Teis, en teoría o equipo máis floxo, pero vai recuperar á súa mellor xogadora logo dunha lesión, e xa se sabe, os partidos gáñanse xogando….”

  O FisiomásZalaleta dispón dunha plantilla moi completa que xa está demostrando o sua valía, a valores xa recoñecidos e con experiencia, únense novas promesas do voleibol coruñés, e as súas xogadoras, podemos dicir que son habituais das estatísticas que reflicten as mellores actuacións de cada xornada. Así temos a Patricia Suarez  e Cristina García que repiten entre as mellores, Rocío Durán ou Sheila Arias que en canto ten oportunidade non dubida en aproveitala do mesmo xeito que Nóa Sánchez.
   Esta xornada de descanso está permitindo a algunhas xogadoras recuperarse das súas molestias e afinar a posta a punto de cara á segunda volta que tamén contará co parón do Nadal.

TAGS: