SL2
Dentro da preparación de pretempada que está
a levar a cabo o equipo de Jorge Barrero, que a
presente tempada militará en SF2, está incluída a participación no Torneo Villa de Avilés de Voleibol que se desenvolverá o sábado día 6 na cidade do
Principado.

En vésperas xa de comezar a competición, a
preparación vai aumentando de intensidade, e á participación na Copa Galicia, na que xogara a final o domingo en Lugo ante o EMEVE, únese o Villa de Avilés, no que se encontrará con
equipos de nivel da SF2, como son A D La Curtidora,
equipo organizador do Torneo, o RGC Covadonga de Xixón e tamén o EMEVE
de Lugo, todos eles rivais na Liga SF2, polo que a
participación será un test importante para saber cal
é o estado real do equipo e o seu momento de forma.

Os cruzamentos son “Galicia
-Asturias”, posto que ás 11:00 se enfrontarán no Polideportivo de Los Canapés EMEVE e RGC Covadonga e ás 12:30 CVI Zalaeta e A.D. A Curtidora; e pola tarde, no mesmo escenario, a
final e o 3º e 4º posto a partir da 17:00.

O FisiomásZalaeta desprázase coa baixas de Patricia, Olalla e Noa, esta última recuperándose da súa lesión, mentres se incorpora Marta Esperanza xa recuperada; de modo que o adestrador completará o equipo con xogadoras procedentes do equipo xuvenil.
O desprazamento comezará ás 07:45 no Instituto de Zalaeta onde o Autobús de Autos Cancela comezará o percorrido coas paradas habituais. E ao finalizar o Torneo, de regreso para A Coruña, posto que se xogará o domingo pola tarde en Lugo.
Por outra banda, mencionar que o equipo xuvenil ten aprazado o seu partido de liga que lle correspondería xogar contra EMEVE na casa esta fin de semana.