/COMEZAN AS COMPETICIONS AUTONÓMICAS

COMEZAN AS COMPETICIONS AUTONÓMICAS

   Mañá venres darase o pistoletazo de saída as
ligas galegas que nas diferentes categorías comezan este fin de semana. As
primeiras do CVI Zalaeta en saltar á cancha será o equipo cadete, que un ano
mais estará dirixido polo adestrador do club David Hermida, que conta cunha
plantilla baseada na da tampada anterior, con algunas baixas e tamén
incorporacions.
   Causan baixa este ano, as xogadoras Miluska
e Lucía, e Andrea por pase a categoría xuvenil; e incorpóranse ao equipo, Carla
Rodriguez, procedente do Liceo La Paz, Sara Armesto, de AD Pinguela, Alba Pardo
de Calasancias e Inés Rivas, da canteira do Zalaeta, que xunto con Irene
Villaverde, Ana Mª Ceba, Nerea Tabeayo, Paula Bermúdez, Paula Lema, Laura
Pardo, Raquel Rey e Lydia Alonso, esta última despois de formar parte da
Selección Española que participou este verán no Torneo Oito Nacions,
incorporouse aos adestramentos do equipo de SL2, forma a plantilla a
disposición do técnico para disputar o campeonato galego. A base deste equipo
ten o seu orixen na tempada pasada, na que, da man de David, una serie de
xogadoras de diferentes procedencias, fóronse conxuntando ata acadar un gran
nivel de xogo, co que ao final da segunda volta estiveron a piques da
clasificación para o Play-Off.
   Con este conxunto, Zalaeta afronta una tempada
de dobre volta con doce equipos, entre os que destacan o VoleyOurense, vixente
campión, que deixou claro que ten futuro, haberá que ver ao EMEVE e Pinguela,
aos que non se pode esquecer, Teis, Liceo, Boiro pode irrumpir con forza na
categoría, e non se pode descartar ninguna sorpresa, xa que será a competición
a que poña a cada un no seu sitio. Para David Hermida, “a liga vai a ser larga,
e todo se decidirá na 2ª volta, nos imos a sair a por todas e xa veremos onde
está o nos teito”.
   Para comezar, un prato forte, encontró co
EMEVE o vernes ás 18:30 na cancha do Instituto Zalaeta.

   A 2ª División
A Feminina
tamén comeza a súa andadura o sábado día 6 coa celebración de todos os partidos na mesma xornada,
que sin mais preámbulos enfronta na primeira ocasión ao CVI Zalaeta co Autos Rico
UDC
ás 17:00 no Pavillón do Instituto Zalaeta. Será o primeiro derbi desta
tempada entre os equipos coruñeses que o pasado campionato mativeron un duelo
intenso por alzarse coa primeira posición xornada tras xornada, e no que o CVI Zalaeta sae a defender o título ante
un universitario que xa ven rodado logo de xogar a Copa Galicia. As do Instituto son, de momento una incognita, loga
dunha pretempada forte pero carente de enfrontamentos de nivel, presentan
certas variacions respecto a plantilla anterior.

   Asier García de Dios Mardones, segundo
entrenador  o ano anterior, pasa a ser o
primeiro agora, e o equipo ten as baixas de Teresa e Lucía, duas veteranas
cunha aportación importante, incorpóranse Silvia Rguez. xogadora de Zalaeta
logo de una tempada sen xogar, Cristal Paz, procedente do equipo de Liga FEV,
Susana Besteiro, Sara Doolittle, Sara Marelle, xuvenil despois de un ano
ausente, continúan Paula Rguez, Susana Naveira, Amara Santos, as xuvenís Rita
Prieto, Andrea Rivas, Patricia Santos, as xogadoras procedentes do Liceo , Alba
Quirós e Susana Bermudez, e o adestrador tamén pode contar coas cadetes Carla
Rguez e Paula Lema. Conformando así una plantilla ampla, con posibilidades para
disputar una liga  de 11 equipos a dúas
voltas, con as novidades de Voleibol Noia, Vigo Volei e Toffe Voleibol;
botaremos de menos ao Secreto de Boiro, o Conxo e ao Sansa.
   Preguntamos a Asier García como ve esta
categoría e que posibilidades ten o Zalaeta, “Posibilidades todas, todos saimos
igual, pero nos somos o equipo a batir o que posiblemente nos pon no punto de
mira dos otros equipos e pode ser esta una posición mais esixente para nos.
Este ano a liga parece ter un bon nivel con equipos que realmente están
reforzados con xogadoras de calidade, pero iremos vendo cales son as
prestacións”.
TAGS: