/COPA DE GALICIA

COPA DE GALICIA

Continúan
a celebrarse os partidos da Copa Galicia, esta fin de semán  xogaránse
os cuartos de finais, nos que xa entran os equipos da élite para enfrontarse ós
que se clasificaron na anterior rolda clasificatoria, e que entre outros ,
enfrontarán  a o Fisiomás Zalaeta co XAV Cambados.
Esta eliminatoria ten lugar a un so partido na cancha do equipo teóricamente inferior.
   Para Jorge Barrero, adestrador do Fisiomás
Zaleta,” Ao tratarse o XAV Cambados, dun equipo da 2ª división autonómica,
partimos coma favoritos, pero iso hai que refréndalo na cancha. O equipo
atópase en plena pretempada, e todos os partidos  de competición veñen ben de cara a posta a
punto e de acoplamento do equipo”.
   O Fisiomás Zalaeta atópase en plena preparación da
Liga que dará comenzó en breve, e tratando de afinar una plantilla na que hai
varias incorporacions, tanto de xogadoras procedentes doutros equipos coma de
xogadoras da canteira, na que se trata de conxugar a veteranía e experiencia de
unas coa xunventude de outras.
   Nesta ocasión, non poderan estar a
disposición do adestrador Jorge Barrero, dúas das incorporacions deste ano, a
colocadora Cristina Bermejo, procedente de Calasancias, e a oposta internacional  procedente de AD Pinguela, Patricia Suarez.
Tamén estará ausente, neste caso por lesión, a líbero Noa Sánchez.
   Autos
Cancela
sairá ás 16:15 para Cambados dende o Instituto de Zalaeta.
TAGS: