/COMENZO TEMPADA 2012-2013

COMENZO TEMPADA 2012-2013

   Está a
piques de comenzar una nova tempada de Voleibol, 2012-2013, que ven marcada por
uns tempos críticos que a ninguén son alleos e que afectan a todos os equipos de
xeito semellante, sendo a austeridade en todos os aspectos a característica mais
sobresainte, e a que na maior parte dos casos vai decidir tanto ou mais que as cuestions  netamente deportivas o futuro de moitos
clubes. É esta, nun deporte coma o noso, quizais, a reflexión mais importante
coa que se atopan as distintas directivas á hora de planificar os aspectos
deportivos dos respectivos clubes.

  
As competicións das Ligas de élite comenzarán o longo do mes de Outubro,
e ofrecen un escenario diferente o da tempada pasada, cun cambio importante no
seno das ligas nacionais: desaparece a Liga FEV, polo que os equipos que
militaban nesta categoría, terán que adaptarse ó novo sistema de competición.
  
No que respecta ó Voleibol Galego, o Club Vigo Voleibol, continúa na SVM
(Superliga de Voleibol Masculina), e AD Pinguela  de Monforte, incorpórase a SVF (Superliga de
Voleibol Femenina).
  
Os equipos que formaban parte da Liga FEV, Fisiomás Zalaeta e Xuvenil
Teis, pasan a SF2 (Superliga Femenina 2), categoría donde tamén continúa
competindo o EMEVE de Lugo. Estos equipos, xunto  a Extremadura Arroyo, AD Curtidora, Deporte
Cantabria e RGC Covadonga, forman o Grupo A dos dous nos que se divide a
categoría. A Liga Regular dará comenzó o día 13 de Outubro, e o Fisiomás
Zalaeta
protagonizará o primeiro derbi galego da categoría ao recibir o Xuvenil
Teis no Polideportivo do Barrio de las Flores, instalación nas que disputará os
partidos coma equipo local.
  
A clasificación da Liga Regular, dará dous grupos que disputarán sendos “play
 offs”, os catro primeiros  enfrontaranse  cos catro primeiros  do Grupo B, e os tres últimos cos
correspondetes do Grupo B. En ambos caso conservaránse os resultados dos
encontros xogados por equipos do mesmo grupo na Liga Regular.
  
En SM2 (Superliga Masculina 2), continúan os lucenses do EMEVE, os que
acompañarán os ferrolans do Intasa San Sadurniño, que despois de acadar o
ascenso a Liga FEV, e coa súa desaparición, pasan a militar nesta categoría.
  
En canto ó Nautico Boiro Voleibol, defenderá o título de Liga
brillantemente conseguido no campeonato anterior, no Grupo A da Liga de 1ª
División Nacional, categoría na que causa baixa o Autos Cancela Zalaeta, que
por circunstancias alleas a vontade da directiva do clube, non poderá tomar a
saida este ano.
TAGS: