/VOLEI PRAIA: CEVP E CIRCUITO GALEGO: SAMIL

VOLEI PRAIA: CEVP E CIRCUITO GALEGO: SAMIL

   Finalizado o Campeonato de España de Volei  Playa de Seleciones Autonómicas en categorías Sub-19 e Sub-21 en Los Alcázares con desigual sorte para os equipos galegos.
   En sub-19 feminino, a parella coruñesa do Zalaeta Sara Rivera e Sofía Hidalgo, non pasaron a primeira rolda ó perder con Murcia e Cataluña. A vitoria sobre La Rioja non foi suficiente para continuar na competición, logo de xogar no grupo mais forte, dos que Cataluña acadou o terceiro posto final logo de perder de forma sorprendente ante o País Vasco, que a postre remataron campionas, con Canarias de segundas. O equipo galego, rematou en 9ª posición.
   En cambio, na categoría masculina de Sub-19, o combinado galego formado polos xogadores do CV Vigo Pablo Penedo e Gabriel Del Carmen, acadaron o segundo posto logo de pasar a primeira rolda con tres vitorias, gañarlle a Baleares en semifinais, e enfrontarse a Canarias na final.    VER REFVB
   En Sub-21 masculino formada polos xogadores Antón Pérez de Barraña e Carlos López de Vigo, non lograron pasar o primeiro corte, no que lle gañaron a Castilla León e perderon con Canarias 2 e Andalucía. Nesta categoría, resultou vencedor Canarias 1, seguido de Valencia e Asturia, Galicia finalizou en 9ª. .posición.
   O tandem feminino formado polas xogadoras do EMEVE Blanca e Claudia Rozas, na fase de grupos venceron a Murcia e La Rioja e perderon con Cataluña, selección que finalmente levou o título de Campiona, seguida de Canarias de da selección tamén catalana, Cataluña2. Na segunda rolda, o combinado galego, cedeu ante Canarias despois dun reñido partido, que se resolveu no Tie Break de forma axustada, para deste xeito, finalizar na 5ª posición.   VER RFEVB.
   
VER FOTOS>

   Esta fin de semana, celebrouse en Vigo, na praia de Samil a terceira proba do Circuito Galego de Volei Praia de categorías inferiores, con ampla representación coruñesa en categoría feminina.

   O sábado, ameazada pola meteoroloxía, desenrrolouse o torneo Sub-21 e Sub-17, con participación de Inés, Paula B. e Nerea, do CV Zalaeta, que en sub-17 acadaron os cuartos de finais; Susana, Alba e Carla do Liceo La Paz que quedaron campionas desta categoría.
   O mesmo día, na categoría Sub-21 alzaronse co triunfo as coruñesas do Zalaeta, Antía Rodriguez e do Liceo La Paz, Carla Rodriguez; e Paula Lema e Andrea Rivas de Zalaeta, quedaron terceiras.
   O domingo, amaneceu un día soleado, con vento racheado, totalmente apto para estar na praia xogando o volei. Tiveron lugar as probas Sub-15 e Sub-19, nas que participaron Susana e Carla do Liceo La Paz, que non finalizaron o Sub-19 por lesión de Carla,Anrea Rivas do Zalaeta e Alba Quirós do Liceo que remataron en cuarta posición do Sub-19.
   Destacar o doblete de Carla Rodriguez o sábado, dosu priemiros postos: Sub-17 e Sub-21.