/CEVP SUB-19 E SUB-21

CEVP SUB-19 E SUB-21

Sofía e Sara
   Darán comenzo os Campionatos de España de Volei Praia de Seleccións Autonómicas nas categorías Sub-19 e Sub-21, femininas e maculinas, o día 6 e ata o 8 de xullo en Los Alcázares, Murcia.
   O sistema de competición será en dúas fases, unha primeira, por grupos de catro, dos que se clasificarán os dous primeiros mediante unha liguilla. O criterio de distribución de grupos será o Ranking Nacional, quedando Galicia encadrada en categoría feminina Sub-19 e 21, nos grupos “D”, e en categoría masculina, Sub-19 e 21, nos grupos “C”.
   Galicia estará representada neste Campionato de España Volei Playa de Selecciones Autonómicas, por catro equipos, dous en Sub19, formados polas xogadoras Sara Rivera e Sofía Hidalgo, coruñesas xogadoras do CV Zalaeta, e en categoría masculina, por Pablo Penedo e Gabriel del Carmen, ambos do CV Vigo; e en categoría Sub 21, participarán as lucenses do EMEVE, Blanca e Claudia Rozas, e categoría masculina, Carlos López do CV Vigo e Antón Pérez do Barraña VP.
Blanca e Claudia
   Este grupo de seleccionados, partirán o xoves cara a Murcia acompañados do adestrador Eloy Mahía e do Director Técnico da FGVB Jorge Barrero. Despois dunha preparación que quizais por cuestión de datas, non tivo a duración desexada, interesámonos polas posibilidades que poden ter neste torneo, e para Jorge Barrero,   ” Inicialmente, os catro equipos deberíande pasar a primeira rolda, donde o Sub-19 Feminino pode ter o grupo mais complicado con Cataluña e Murcia. A  partir de aquí, xa depende un pouco mais da sorte cos equipos que se clasifiquen e do seu momento de xogo”.
Moita Sorte!!