Debutaron os seleccionados galegos no Campionato de España de Volei Praia de Seleccions Autonómicas en Idade Escolar con moi bon tempo en Punta Umbría, e con sorte desigual.
O EQUIPO FEMININO enfrontouse no seu primeiro partido á C. Valenciana, saíndo derrotada por 2-0 a pesares de realizar un bon partido, no que penalizaron a falta de conxunción e experiencia. Parecían remontar a continuación gañando o partido contra Castilla La Mancha, 2-1, para caer de novo ante Baleares 2-0, no partido mais frouxo do día. Con estes resultados, pasaron a FINAL DE CONSOLACIÓN cun partido que as enfrontou a Murcia, que tamén perderon por 2-0, restándolles un partido contra Extremadura mañá xoves ás 10:00.
A outra cara ofrecérona os rapaces, que gañaron todos os partidos que xogaron deste TORNEO MASCULINO por idéntico resultado: 2-0. Debutaron contra Castilla La Mancha, partido no que obtiveron a maior diferencia, para vencer a Canarias a continuación, e desfacerse de Baleares no derradeiro partido do día. Entran de este modo en Semifinais, nas que se enfrontarán de novo a Canarias mañá ás 10:00, con claras opcions de meterse na final.
Comentar tamén, para rematar, que a Selección Española Absoluta Masculina, buscará este sábado ás 16:30, ante Turquía o pase a final da LIGA EUROPEA con aspiracións de proclamarse campións logo de tres anos consecutivos de obter o subcampionato.