/NOTICIAS DAS DIFERENTES SELECCIONS.

NOTICIAS DAS DIFERENTES SELECCIONS.

  Finalizadas as concentracións de Volei Praia de cara ós campionatos de España de Seleccións Autonómicas de Sub-17 na praia de Barraña esta fin de semana, partirán para Punta Umbría, Huelva, mañá martes os seleccionados dos equipos femininos, Lydia Alonso e Andrea Rivas (CV Zalaeta), e Ana Bugallo (Boiro Voleibol), e masculinos, Pablo Penedo, Óscar Sánchez e Carlos López (Vigo Voleibol).
   O Campionato celebraráse dos días 26 a 28 de Xuño, a el acuden os seleccionados galegos con gran ilusión, os rapaces, xa con experiencia neste tipo de citas, tentarán chegar o mais arriba posible, dependendo tamén dos cruces que lles poidan tocar, e no caso das rapazas, un equipo composto por unha infantil e dúas cadetes, tratarán de coller experiencia nestes eventos e de facer o seu xogo e rendir a bon nivel. 
    Moita sorte para todos eles!!
   Por outra banda, a RFEVB, está preparando o Torneo 8 Naciones de Voleibol, que na súa versión feminina se celebrará en  Pordenone, noreste de Italia, os días 18 o 22 de Xullo, quedando a selección española encadrada no grupo B: Italia, España, Suiza e Bélgica; sendo o grupo A: Alemania, Suecia, Holanda e Francia. Lembrar que no torneo do 2011, España venceu a Holanda na loita polo 3ª- 4ª posto.
   Está prevista unha concentración previa o torneo, a partires do día 10 de Xullo en Soria, de dezasete xogadoras, das que sairán as doce que formarán a selección española. A esta concentración están convocadas as xogadoras galegas Lydia Alonso do CVI Zalaeta e Sara Folgueira do EMEVE. Destacar tamén, que o Director Técnico da FGVB e do CVI Zalaeta, Jorge Barrero Amor,  forma parte do cadro técnico da Selección Española Xuvenil Feminina que se desprazará a Italia.
TAGS: