/CAMPIONATO GALEGO DE VOLEI PRAIA

CAMPIONATO GALEGO DE VOLEI PRAIA

VER FOTOS>
     Tivo lugar a primeira proba do Campionato Galego de Volei Praia, esta fin de semana na praia de Ézaro no concello de Dumbría, que ano tras ano renova o seu compromiso con esta especialidade.              Participaron equipos de toda a xeografía galega,  femininos e masculinos, que competiron durante a fin de semana, o sábado en categorías Sub-17 e Sub-21, e o domingo Sub-15 e Sub-19. A meteoroloxía foi determinante para a celebración da proba, sendo o mellor día o sábado que se puido completar a xornada sen choiva,non sendo así o domingo, no que o mal tempo deslucíu a celebración dos partidos.
   O Club Voleibol Zalaeta, estivo representado nas categorías Sub-17 feminino, coa participación de Andrea-Paula-Lydia,  Nerea-Inés-Paula e Irene-Lucía-Ana. Na categoría Sub-21, Marta-Sofía que quedaron campionas; e as parellas masculina formadas por Jorge-Brais e Daniel-Roberto. O domingo, na categoría Sub-19, participaron as parellas formadas por Marta-Antía, Sofía-Sara, que quedaron subcampionas, Lydia-Andrea e Paula-Carla, e na categoría masculina, Daniel-Roberto.
   No seguinte recadro podemos ver o calendario das probas previstas.