/NOTICIAS DAS SELECCIONS NACIONAIS

NOTICIAS DAS SELECCIONS NACIONAIS

 
 

 

REAL FEDERACION ESPAÑOLA DE VOLEIBOL
    As
diferentes seleccions españolas continúan adiante co seu calendario. O equipo
senior masculino está xogando a LIGA EUROPEA, e ven de gañarlle a Eslovaquia
3-2.
   A selección absoluta feminina,  igualmente en LIGA EUROPEA, perdeu con
Hungría 1-3.
   En canto á selección  junior 
masculina atópase CLASIFICADA para o Campeonato Europeo  que se disputará en Dinamarca e Polonia entre
os días 25 de Agosto e 2 de Setembro.
   Destacar que a selección JUVENIL MASCULINA
perdeu contra Francia no Mundial Escolar, e peleará polo séptimo posto ante
Irán; e no mes de Xullo, do 23 ó 29, participará no Torneo 8 Naciones en Suiza.

   E pola súa banda, o combinado feminino,
proclamouse  vencedor  do CAMPIONATO MUNDIAL ESCOLAR celebrado en
Francia despois de gañarlle a Brasil 3-1. Lembrar que neste equipo militan as
xogadoras galegas Mª Alejandra Alvarez do Alcobendas e Antía Rodriguez de
Zalaeta. Noraboa ao combinado nacional por esta vitoria coa que se proclaman
Campionas do Mundo na categoría conseguindo un logro histórico para o Voleibol
español.
TAGS: