/VOLEI PRAIA

VOLEI PRAIA

  
    Finalizada a liga regular de Volei en pista,e  co remate das ligas e campionatos correspondentes nas diferentes categorías, a actividade dentro no mundo do Voleibol non se para, continúa, agora coa preparación  do curso de  Volei Praia 2012. 
   A FGVB está a preparar os equipos que representarán a Galicia nos diferentes campionatos desta tempada, e para elo convoca unha serie de concentracions de xogador@s na categorías Sub-15, Sub-17, Sub-19 e Sub-21, no incomparable marco da praia de Barraña, en Boiro, para as que están citadas as xogadoras do CVI Zalaeta, Sofía Hidalgo, Lydia Alonso, Andrea Rivas e Paula Lema.
    É de reseñar que na convocatoria de hoxe, sábado, o mal tempo que se presentou en Boiro fixo case imposibles os adestramentos, de modo que, por este motivo, anulouse tamén a convocatoria do domingo día 10.
   A RFEVB xa publicou o calendario dos Campeonatos de España de Volei  Playa 2012, que podedes ver neste ENLACE
   Mais información AQUÍ.   CAMPEONATO DE EUROPA.

        FIXADAS AS DATAS DOS PRIMEIROS TORNEOS AUTONÓMICOS DE VOLEI PRAIA.

  

  
Facémonos eco da convocatoria do
I Campus de Verano que realiza o
recén constituido club Barraña Volei
Praia
, que se celebrará na pria do mesmo nome, os días 25 ao 30 de Xuño.
   Trátase do primeiro Campamento xuvenil de
Galicia especializado en Volei Praia, e está dirixido a todas as mozas e mozos
de 12 a 20 anos. Será dirixido por Daniel Agra e coordinado por Adrián Álves,
participarán destacados xogador@s de Volei Praia, e contará coa presencia de
Juanjo Susín, adestrador da selección nacional Sub-15.
   Neste enlace podedes atopar toda a
información: