/NOTICIAS.

NOTICIAS.

   O próximo fin de seman celebraranse a finais dos Campionatos de Liga correspondentes as categorías Cadete Feminino e Masculino.
   En Lugo, na Casa do Deporte, xogaráse a final masculina que contará coa participación do CV Vigo, EMEVE, CV Ourense e Voleibol  Dumbría, que remataron a liga regular nese orden. O sorteo deparou os seguinte enfrontamentos: CV Vigo-Voleibol Dumbría e EMEVE- CV Ourense. O CV Vigo parte coma favorito seguido do EMEVE, ainda que a competición pode depararnos algunha sorpresa, posto que se espera que sexan moi competidos os partidos xa que hai dúas prazas en xogo para o campionato de España da categoría a celebrar en Murcia.
   A categoría Feminina, disputará a final no Colexio Liceo La Paz da Coruña, onde se enfrontarán en xornadas de mañá e tarde, os catro primeiros clasificados da Liga Regular: CV Ourense, Liceo La Paz, Xuvenil Teis e AD A Pinguela. Os emparellamentos son: CV Ourense-Liceo e Pinguela-Xuvenil. Igualmente espérase que sexan disputados o haber dúas prazas para xogar o Campionato de España da categoría a celebrarse en Barcelona.
   Tamén este fin de semán, os días 27, 28 e 29 disputaráse en San Sadurniño no Pavillón Municipal, a fase final de 1ª División Masculina orgaizada polo CV Aldebarán e na que participarán os equipos C.V. Melilla, AD Voleibol Almendralejo, C.N. Sabadell, C.V. Santa Pola, e os representates do Voleibol galego Náutico Boiro Voleibol e Intasa San Sadurniño. A competición nesta fase será en formato de liguilla a una volta, e dela sairán os ascensos a liga FEV Masculina.
   Neste link, podedes ver o VIDEO DE PRESENTACIÓN.
TAGS: