
¡UFF! I MARATON A CORUÑA42, se esa non é a túa idade, se aínda non es dos privilexiados que poden estirar as pernas durante 42195 metros, ou facer de lebre dos especialistas durante unha decena de Kilómetros, ou simplemente che apetece facer un descanso na carreira para experimentar outras sensacións, as nosas pistas espérante.
Dende as 10.00 horas esperámosvos no voso estadio de area e mar. Requisito único para participar na festa, inscribirse na nosa mesa de organización.
O Club Voleibol Instituto Zalaeta está encantado de colaborar, e espéravos nas pistas de Volei Praia instaladas no areal de Riazor á altura do Praia Club, a todos os que queiran xogar neste particular e divertido maratón ao que estades invitados dende as 10:30 ata as 13:30.
Os partidos serán dun único set, ao mellor de 25 puntos, o equipo gañador continuará na pista e enfrontarase ao seguinte, converténdose, así, en “o rei da pista”. Os equipos estarán formados por dous xogadores, salvo a categoría Infantil, nacid@s nos anos 1998-99, que o farán en equipos de catro, e a categoría Cadete, anos 1996-97, en equipos de tres. A inscrición será, por suposto, de balde, e farase a pé de pista seguindo a orde de chegada. Dende aquí vos ¡Animamos! a participar nesta xornada lúdico-deportiva, e como non, a que coñezades e vos divirtades co Voleibol.