Cancha júnior
“Programa onde o deporte base é o protagonista e vemos aos campións máis novos en acción”.
Cancha Junior, o programa deportivo da TVG, adicado ó deporte base,estivo presente na celebración do Campionato Galego de Voleibol Xuvenil Feminino. A reportaxe realizada foi retransmitida no programa do pasado sábado día 7 no seu horario habitual a partir das 14:30. No enlace de mais abaixo podedes ver o programa íntegro, e a partir do minuto 08:45, a reportaxe de Volei, xogo e entrevistas.
Ver o programa completo mecerece a pena.
Moitas grazas ó equipo de reporteiros e realizadores de Cancha Junior pola sua gran labor a prol do Deporte Base.
Programa 23, 7 Abril |
_____________________________________________________________________________