/DESPRAZAMENTO A TEIS 13/01/2012

DESPRAZAMENTO A TEIS 13/01/2012

   Comenza o ano para o CV Zalaeta con un desprazamento a Teis para solventar os partidos aprazados e dar así por concluida a primeira volta.
   O primeiro dos partidos en xogarse foi o de Cadetes Feminino que finalizou cun resultado de 3-0 favorable ó Xuvenil de Teis, que facendo o seu xogo con eficacia e aproveitando os erros das coruñesas impúxose craramente no marcador.
   A continuación tivo lugar o partido de Xuvenís Feminino, dirixido polos colexiados Cordeiro e González tivo unha duración de 01 h. 46 m., e finalizou cun resultado de 1-3 con parciais 22-25, 23-25, 25-15 e 18-25. Adestradores, local Lago e visitante Cueto.
   Xuvenil Teis: 7 Hermida, 18Carrán, 2 Clemente, 3 Rivas, 13 Dominguez, 5 Varela, 16 González, 8 Silva, 9 Fernández, 1 Lois, 10 Rodriguez e 12 Araújo.
   Fisiomás Zalaeta: 7 Corvo, 18 Martinez, 11 Prieto, 3 Hidalgo, 5 López, 6 Santos, 7 Fraga, 14 Lema, 15 Rivas e 1 Alonso.
   Partido favorable ás visitantes que resolveron cun bon xogo de ataque moi aberto que non paraba a defensa local, e unha defensa seria ante un equipo que deu a cara todo o partido, gañando craramente o 3º set (25-15), pero que non foi capaz de superar as do Instituto.
   Ao mesmo tempo celebrábase o partido da categoría Xuvenil Masculino no que se impoñían os locais por 3-0 con parciais de 25-12, 25-23 e 25-22. Encontro dirixido polos colexiados Dominguez e Bugarín, e que tivo unha duración de 01 h. 05 m. Adestradores, local, Calvo e visitante, Lendoiro.
   Xuvenil Teis: 11 Serrano, 13 Rodriguez, 3 Gómez, 9 González, 12 García, 8 Álvarez, 10 Martín, 4 Táboas e 18 Martinez.
   Autos Cancela Zalaeta: 9 Espasandín, 2 De La Viuda, 15 Muñiz,, 16 Martinez, 7 García, 13 Pérez, 5 Gómez-Reino e 18 Gutierrez.
   Encontro que os visitantes comenzaron por debaixo no marcador, e non lograron remontar. Os dous seguintes sets, melloraron a actitude e plantaron cara ó Xuvenil con bon xogo en ataque, pero sin lograr ningún set. 
_____________________________________________________________________________