O próximo xoves día 8 celebrarase no Pavillón Casa do Deporte de Lugo (Avda.Infanta Elena, s/n.) a Fase Final da Copa de Galicia de Voleibol entre os mellores equipos do momento tanto en categoría feminina coma masculina. A competición terá lugar en xornada de mañá e tarde como sigue:
Ás 10:00 primeiras semifinais:
XUVENIL TEIS – A. D. PINGUELA (Categoría feminina)
EMEVE LABORATORIOS NUPEL – NAUTICO BOIRO VOLEIBOL (Categoría masculina)
Ás 12:00 segundas semifinais:
EMEVE LABORATORIOS NUPEL – FISIOMAS ZALAETA (Categoría feminina)
CLUB VIGO VOLEIBOL – INTASA SAN SADURNIÑO (Categoría masculina)
Ás finais disputaránse pola tarde, as 17:00 a feminina e as 19:00 a masculina.