
En Noia, concentraráse a selección Infantil Feminia a partir das 10:45 do sábado día 3 no P. Alonso Rodriguez,(estarán aloxadas no Hotel Elisardo)e a ela está convocada a xogadora do CVI Zalaeta Inés Rivas.
A concentración en Lugo será, tamén a partir das 10:45 do sábado 3, no P. dos Institutos “Ollos Grandes” e “Lucus Augusti”, (aloxamento na Residencia Xuvenil Luc II), estando convocadas as xogadoras do CVI Zalaeta Lydia Alonso e Andrea Rivas.
As dúas concentracions rematarán o domingo as 18:15, sendo o lugar da recollida o mesmo pavillón deportivo.
Dende aquí queremos felicitar as xogadoras e os seus adestradores polo esforzo e bo traballo realizado.