Andrea Rivas |
O próximo fin de seman dará comenzo a sua andaina a Selección de Galicia na categoría Cadete Feminino e Masculino, con sendas concentracions en Lugo para as rapazas e en Noia para os rapaces en dobre sesión de mañá e tarde.
En esta ocasión foron convocadas para a concentración que se celebrará o próximo día 23 na cidade das Murallas as xogadoras Cadetes do Club Voleibol Zalaeta Andrea Rivas e Lydia Alonso; e para a concentración de Cadetes Masculinos o xogador Nico Muñiz Rodriguez.
Lydia Alonso |
Dende eiquí, as nosas felicitacions pola convocatoria, aos xogador@s e adestradores, froito do esforzo e bon comenzo na presente competición de Liga.
Tamén queremos lembrar a xogadora de este clube, Antía Rodriguez, que por segundo ano consecutivo forma parte da Concentración Permanente Juvenil Femenina que se encontra no Centro de Tecnificación Deportiva CAEP de Soria, centro que combina a actividade deportiva coa debida formación académica das xogadoras. No aspecto netamente deportivo trátase da base das seleccions nacionais Junior e Xuvenil, que veñen de acadar resultados tan sobresaíntes como a medalla de bronce no “Torneo 8 Naciones” e a séptima posición no campionato de Europa.
Nico Muñiz |
Antía Rodriguez |
Neste centro tamén se formou a deportista coruñesa María Galego que actualmente milita no Fisiomas Zalaeta de liga FEV.
ITURRI, protexémoste.