Terceira xornada de SF2 o sábado 7 ás 19:00, como vén sendo habitual nos encontros que disputa o Autos Cancela Zalaeta no Barrio das Flores, nesta ocasión ante o Feel Voley Alcobendas. O conxunto madrileño, cunhas xogadoras xóvenes a cargo da adestradora Paula Tirini, é o segundo equipo do club de Alcobendas, o primeiro milita na Superliga Iberdrola. Neste inicio da competición ocupa a última praza da clasificación e aínda non gañou ningún set, de todos os xeitos non será un rival do que fiarse e a ter en conta que na tempada pasada na súa visita a Coruña levou os puntos en xogo.
Con todo as de J. Barrero tratarán de manter a súa serie e quererán sumar a súa terceira vitoria na competición que anime o espectáculo deportivo en ante a súa afección e mantéñaas no alto da clasificación na loita polos primeiros postos.
Por outra banda, este fin de semana darán comezo as competicións autonómicas nas súas distintas categorías co seguinte calendario de partidos para o CV Zalaeta, non hai desprazamentos, todos os encontros xogásense no do Pavillón do Instituto Zalaeta.
1ª DIV. XUVENIL
AUTOS CANCELA ZALAETA Vs CALDARIA VOLEYOURENSE SÁBADO 10:30
2ª DIV. CADETES
CV ZALAETA Vs @DompaVolei SÁBADO 12:15
1ª DIV. INFANTIL
CV ZALAETA Vs XAV CAMBADOS DOMINGO 10:30
1ª DIV. SENIOR
AUTOS CANCELA ZALAETA Vs XAV CAMBADOS DOMINGO 12:15