/ENTREVISTA CON SHEILA ARIAS

ENTREVISTA CON SHEILA ARIAS

  

  Sheila Arias, «Chey», experimentada xogadora do volei
galego, coñecedora do ambiente e do deporte tanto en pista coma na
praia, combina veteranía con ilusión de modo que o seu rendemento e
achega ao grupo na pista é notable. É a dose de equilibrio que todo
equipo necesita para superar os momentos difíciles e lograr a asociación
eficiente entre as diferentes xogadoras. «Dentro da pista, unha piña!»


 Balance da tempada. O mellor e o peor.

  O mellor, o bo acoplamento do equipo nunha nova e diferente etapa…foi
unha tempada na que todas asumimos responsabilidades e  adaptamonos ás
demais para o mellor funcionamento do equipo, tanto fóra coma dentro do
campo. 
E o peor, ter quedado por segundo ano consecutivo ás portas de
disputar a copa Princesa.
 Esperabas este rendemento tanto teu coma do equipo?

  Cando
un equipo ten potencial individualmente, xa sexa por experiencia ou
físico, só lle  falta horas de bo traballo en conxunto e diso tivemos
moitas este ano, jeje adestrando semanas
completas. Imaxinaba que se chegaría a este rendemento, porque pasou
outros anos e porque as novas xeracións adestran mais e son mellores
cada ano, polo que  esperaba un bo resultado para a tempada.
  En Coruña caeron todos os equipos, cal é o plus que ten o Zalaeta xogando na casa?

  Sempre
é un punto a favor xogar na casa, xogas no teu campo, no teu «fogar», o
teu lugar de adestramento onde case pasas máis horas do día que na túa
propia casa. Resúltanos moi doado, e se enriba lle incrementas o Plus da
afección, que este ano responderon como nunca, acabamos facendo do
Barrio das Flores todo un fortín.
 Son de fiar as estatísticas, ata que punto se unha xogadora aparece moitas veces é realmente boa?
 
  As
estatísticas non deixan de ser números que parece que nos examinan en
cada partido, pero son relativamente dubidosas, xa tanto se xogas fora
como na casa, cambia ou se xogas con equipos difíciles ou relativamente
doados. Igual fas unha semana de adestramentos moi bos e che sáe un
partido malucho ou ao revés, e só vas mirar
porcentaxes dun día?? non adoito fixarme demasiado, pero como é que unha xogadora  xogando na casa ten sempre mellores estatísticas e logo
xogando fóra ten números mediocres?? non son de fiar.
  Que porcentaxe de culpa ten o adestrador nos éxitos do equipo? E as xogadoras?

  Tampouco
creo que se trate de porcentaxes, o adestrador trata de traballar
durante toda a semana para recoller os resultados o día do partido e as
xogadoras son as que teñen que pasar o exame e responder o día do
partido, pero elas traballan tanto por semana como o día en cuestión.
  Que che pon dos nervios durante un partido?

  Creo
que a estas alturas deixei de poñerme nerviosa xogando. Considero que
despois de competir a un alto nivel durante anos, e xogar  compartindo
vestiario con grandes xogadoras, xa non fai
falta demostrar nada, só render ao máximo en cada adestramento e
facilitar axudando con calquera contratempo do equipo.

 Como se compaxinan os adestramentos e o traballo cos tempos que corren?

  É
moi complicado, despois dunha xornada de traballo de 9 h, é tentador
correr para casa a relaxarte e descansar. Pero ás veces necesítalo como
unha vía de escape para relaxarte e divertirte. O que peor levo son as
horas mortas entre traballo e adestramentos e o de chegar á casa pasadas
mais das 23.15 h, é esgotador para unha persoas que se levanta ás 7,30 am.

 Como se conxugan veteranía e inexperiencia na cancha?

  Resúltanos
máis complicado, polas personalidades de cada unha, conxugarnos fóra do
campo. Dentro, somos un equipo movidos por unha motivación común..una piña, identifíconos coa frase: «Unha xogadora fai puntos, pero un equipo gaña partidos» As máis novas dan frescura e alegría, xogan menos premidas, pero están moi motivadas…as
veteranas damos esa madureza e serenidade á hora de superar un tropezón
ou subir un partido. O mellor é que se nos pegan cousas dunhas ás
outras, mentres que as mozas se implican cada vez mais e están moi centradas…a
as veteranas parece que nos volve as ilusión dos primeiros anos.. é
marabilloso esa sensación de gozar dun punto coma se fose o primeiro!! jeje
 
 Un día de descanso, sen nada que facer a que o dedicarías? 
  Calquera
cousa!!! dende ir de compras, ao cine… ou simplemente chegar á casa e
tomar o meu tempo para preparar con calma unha boa cea e poder
descansar tirándome no sofá.
ETIQUETAS: