Profesión, traballo, estudos…
2º de Bacharelato de Humanidades.
Unha afección, un libro, unha película.
Voleibol, na pista, na praia e dende o banco; e pouquiño a pouquiño, cada vez máis a fotografía.
Un libro, Cen anos de Soidade.
Unha peli, O Rei León, non houbo película coa que chorase máis de pequena, e non me importase vela unha e outra vez agora de maior.
¿Onde te iniciaches no voleibol?, traxectoria.
No CVI Zalaeta, cando era infantil de primeiro ano, e aquí sigo.
Posición na que xogas, ¿sempre xogaches nesa posición?
Central,
dende o principio, ese posto que a pouca xente lle parece atractivo
pero que é perfecto para min e me gusta moito. É rápido, de moito salto e
con opción de facer ataques diferentes cada bóla.
Un exemplo, referencia do volei ou do deporte en xeral.
Referencia do volei: a cubana Magaly Carvajal.
A primeira vez que oín falar dela eu era cadete e aínda estaba a
empezar a aprender a xogar. Busqueina en internet e púxenme a ver os
seus vídeos. Ao ano seguinte puiden coñecela cara a cara porque era a
adestradora da Pinguela, e aínda me
impresionou máis. Ademais dunha incrible traxectoria e de ser unha das
mellores xogadoras que deu este deporte, é un exemplo de constancia e de
saber estar.
O mellor recordo que teñas do volei, partido, torneo, equipo, título….
O meu primeiro Campionato de España, en Arriondas co equipo xuvenil: eu aínda era cadete e foi a primeira vez que un saque se me foi fóra do campo jajajaja..
Despois
de aí gardo bos recordos de varios campionatos e de grandes amizades,
sen dúbida resaltando a miña primeira aventura con seleccións, e, máis
recentemente, a Superliga Júnior que celebramos aquí en Coruña. Pero o mellor recordo de todos é o do Campionato Galego 2014, que despois de moitos anos resistíndosenos, conseguimos gañar.

Dende o teu punto de vista, ¿que achegas ao equipo?
Esta
foi a miña primeira tempada no equipo de SF2, polo que o
primeiro era adaptarme e aprender, aprender todo o posible. Por
circunstancias, xoguei máis do esperado, e serviume para mellorar e
poder achegar máis ao equipo xuvenil, no que teño máis responsabilidade.
¿Que é o non se te dá tan ben?, o que máis che custa.
É
difícil dicir unha soa cousa que non se me déa ben, empezando polo saque
(temos unha relación de amor-odio) e pasando pola defensa, teño que
mellorar en todo, pero bo, quen non?
Unha socia, cómplice na cancha.
Patri Santos, porque xa son moitos anos con ela, é a miña colocadora e a miña amiga, ademais de «A Hefa»; Rocío
tamén se merece que a mencione, pola súa paciencia e os seus ánimos
constantes, e por ese saúdo especial que sempre facemos antes de entrar a
xogar, e Oli, porque, sinxelamente, é indescritible.

Que é na túa opinión o mellor do equipo?
Individualmente
creo que temos boas xogadoras, pero nos falta ser capaces de xuntar esa
calidade e ser un equipo, fóra e dentro do campo. Fóra do pavillón,
creo que eu non tería sido capaz de soportar as viaxes tan longas que
fixemos senón tería sido polas pelis de Cris, os chistes de Patri ou os xogos de cancións de Sofía. As risas e o bo rollo facían esquecer as diferenzas.
Como
ves a tempada que acaba de finalizar, estás satisfeita co teu
rendemento?
Ter a oportunidade de subir de
nivel e aínda enriba poder xogar serviume para mellorar e aprender,
polo que individualmente si, estou satisfeita. A nivel equipo creo que
tivemos un rendemento moi irregular, e que non nos fixar un obxectivo
claro condicionou que non nos esforzásemos o suficiente para subir a
posición e que perdésemos a oportunidade de xogar a Copa Princesa.
Quedar cuartas non está nada mal, pero sabe realmente a pouco, e o ano
que vén imos ter que traballar moito e moi duro para estar entre os
mellores.

Realmente paga a pena o esforzo que realizas e a dedicación a este deporte?
Merécea. Adestrar todos os días e xogar case todos os fins de semana non son ningún sacrificio, ao contrario, realízase a gusto.
Ser muller e deportista……
Facer
deporte e sentirte ben practicándoo non é un asunto de xéneros, pero os
recoñecementos, sobre todo mediáticos, son moi diferentes. En España os
telexornais e as portadas ocúpaas indiscutiblemente o fútbol, o fútbol
masculino, que move masas e cantidades inxentes de diñeiro.