/ENTREVISTA CON NOA SÁNCHEZ

ENTREVISTA CON NOA SÁNCHEZ

 Nome, data e lugar de nacemento.
 Noemi Sánchez Domínguez, aínda que todos me coñecen como Noa. A Coruña, 1992.

 Profesión, traballo, estudos…
 Acabo de rematar 4° de carreira de Ciencias da Actividade Física e do Deporte na facultade de INEF de Oleiros. Logo gustaríame
facer un máster de docencia para acabar traballando no que sempre
quixen: profesora de Educación física.

 Una afección, un libro, unha película.
 Como afección quedo co deporte en xeral; encántame todo o que teña que ver con deportes.. non me gústa estar quieta a verdade jaja.
Se tivese que quedar cun libro, quedaría con «O Factor humano» e sen dúbida a miña película é «Titanic».


 ¿Donde iniciáchesche no voleibol?, traxectoria.
 O meu primeiro contacto co volei foi no Liceo La Paz, en 2 de Primaria..no
tiñan xente no equipo e en clase de Educación física preguntáronnos se
alguén quería apuntarse. Non o dubide un momento e dende aquel momento
ata agora a miña vida xira en torno ao volei. O meu primeiro adestrador naquel primeiro equipo foi Ricardo. Logo virían Mirta, Susana e Alba. En xuvenís, o Liceo non ía facer equipo por falta de xente, polo que as miñas opcións eran Calasancias ou Zalaeta. Os dous clubs puxéronse en contacto comigo e acabei optando polo Zalaeta.
Os tres anos de xuvenís no Zalaeta
chegamos ao campionato de España, sempre adestrando co equipo de arriba
ata que acabei pasando de xuvenís a sénior e subín definitivamente o
primeiro equipo.
En segundo ano de infantís fun coa selección galega ao campionato de España no que rematamos 9.

 Posición na que xogas, ¿sempre xogaches nesa posición?
 Son libero, esa xogadora que sempre leva a camiseta diferente (como me chaman a maioría jaja)
e xogo nesta posición dende cadetes. Ao principio non me facía moita
graza, pero acabeime decatando de que era a miña posición.
 Un exemplo (de deportista, comparece..), referencia do volei ou do deporte en xeral.
 Helia González. Creo que é un exemplo para calquera deportista galega.

O mellor recordo que teñas do volei, partido, torneo, equipo, título…
Creo que non podo quedar cun só. O volei
deume demasiadas cousas: dende amigos, compañeiras ata momentos únicos.
Son 15 anos de moitos recordos. Os campionatos de España foron
incribles, cada un único polas súas cousas. Pode que se tivese que
quedar con algo, quedaría co campionato de España de Arriondas, cando no segundo grupo nos tocou San Cugat
e Murcia, dous dos rivais máis fortes do campionato. Tiñámolo moi
difícil e aínda que perdemos, fómonos coa cabeza alta porque fixemos
dous partidos incribles. Os recordos do partido de San Cugat póñenme os pelos de punta.

 Desde o teu punto de vista,¿que achegas ao equipo?
 Creo que dou ese punto de alegría e risas que se necesita nos peores momentos.
Qué é o non se te dá tan ben, o que máis che custa.
Cando me caio, cústame recompoñerme, aínda que adoito rematar consiguiendolo. Ademais, me como moito a cabeza con pequenos detalles e iso non é bo de cara aos partidos.

 Una socia, cómplice na cancha.
 Aínda que este ano non estivese aquí, Marta Fraga. Bótoa moito de menos, e na pista acórdome dela continuamente.

 ¿Que é na túa opinión o mellor do equipo?
 As calidades individuais de cada xogadora que todas xuntas e unidas fan que sexamos un bo equipo.

 Como
ves a tempada que acaba de finalizar, ¿estás satisfeita co teu
rendemento?
 A cuarta praza non está nada mal, aínda que sempre queres máis. A espiniña
que me queda é non ter quedado 4 na primeira volta e por iso non ter
podido xogar a Copa Princesa. Por outra parte tamén penso que podiamos
ter logrado un mellor resultado polo equipo que tiñamos e ternos metido
nos postos de ascenso. Persoalmente creo que tiven un bo rendemento e
que sempre dei o máximo que puiden.
  ¿Realmente paga a pena o esforzo que realizas e a dedicación a este deporte?
  É
un esforzo moi grande debido a todas as horas que dedicamos a isto pero
sinceiramente a min si que me paga a pena. É unha satisfacción ver como
superas dificultades e como todo os esforzos acaban tendo as súas
recompensas. Ademais, paga a pena porque ganas moito máis do que perdes.

  Ser muller e deportista……
 Por
unha parte é un orgullo, xa que (aínda que cada vez máis) somos poucas
as mulleres deportistas con respecto á porcentaxe de homes. Pero tamén
é difícil. Temos máis desvantaxes, ao ser mulleres que calquera rapaz e
xa sendo un deporte minoritario moitas más.. pero creo que por esta razón é moito máis gratificante obter bos resultados e levar o nome da cidade da Coruña por España adiante.
ETIQUETAS: