/CAMPIONATO GALEGO XUVENIL FEMININO

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL FEMININO

  Mañá domingo día 9 terá lugar en Lugo a última entrega do presente campionato galego de Voleibol xuvenil feminino coa disputa do  título por parte dos catro equipos clasificados na 2º Fase da liga, o Conavi Xuvenil Teis, CVC Bruxas, AutosCancelaZalaeta e o equipo anfitrión, CV EMEVE de Lugo .
  Os partidos celebraranse en dúas xornadas, mañá e tarde, nos pavillóns da Casa do Deporte, as semifinais a partir das 10 da mañá e as finais desde as 17:00 no Municipal de Lugo.
 O primeiro partido enfrontará ao Teis co Zalaeta, unha autentica final, dous equipos moi igualados que tratarán de resolver as súas diferenzas para pasar un deles á final, desfacendo o empate que arrastran da liga regular cunha vitoria para cada equipo. Dous persoais que se coñecen moi ben quererán finalizar a campaña autonómica cunha vitoria que lle dea paso á loita polo título.
  As coruñesas xa teñen unha praza no Campionato de España por ser o club organizador, iso restaralle presión e permitiralle centrarse na conquista do cetro galego da categoría, mentres as de Vigo necesitan a vitoria parar poder loitar pola praza do campión.
  A segunda semifinal corre a cargo do EMEVE que se enfronta ao Bruxas por unha praza na final. As lucenses, que defenderán o título gañado o ano pasado en Ourense, e o Zalaeta, subcampión, parten como favoritos para estar na final, pero ese é un dereito que terán que gañalo na cancha, onde a priori todo está aberto nunha competición na que en dous partidos xóganse todo.
ETIQUETAS: